A continuación descríbense algúns puntos básicos que pode usar no texto que envíe ós eurodeputados de España. Pode adaptalo ó seu gusto.
Asunto: Salve a liberdade de panorama en España
Estimado ...,
- Explíquelle quen é (un wikipedista por exemplo)
- Faga referencia ó punto sobre o que se refire, o Infosoc Implementation Report, votado o 16 de xuño no Comité de Asuntos Legais (JURI) e a emenda 421 de Jean-Marie Cavada.
- Explíquelles que España, ó igual que os outros 15 países membros da Unión europea teñen liberdade de panorama completa actualmente.
- Cóntelles o efecto que tería en Wikipedia ó ter que borrar miles de imaxes nos artigos.
- Explíquelles por que non é abondo que exista a excepción de uso non comercial
- Zonas grises de interpretación legal.
- Aínda que Wikipedia é unha entidade sen fins de lucro, a estes efectos pode considerarse de escala comercial.
- Moitos usos que se realizan de Wikipedia son comerciais, aínda cando non se fagan con fin de lucro.
- Pídalles que no plenario do 9 de xullo eliminen a emenda 421 ou que cambien o seu texto.
Saúdos cordiais,
Documentos sobre o asunto:
|
Para difundir este problema:
|