Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Team Kuortane
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 30 de xuño de 2023 - 30 de xullo de 2023
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Piquito (conversa) 30 de xuño de 2023 ás 12:48 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 30-06-2023 ata o 30-07-2023.
Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo sobre este equipo feminino de hóckey sobre xeo da localidade de Kuortane (Finlandia), que dende a súa creación compite na máxima categoría deste deporte no país nórdico aínda que na práctica é un equipo júnior. Trátase dun traballo orixinal da Galipedia, moi ben referenciado (máis de 100 referencias), conta con imaxes que o ilustran (principalmente de xogadoras que pasaron polo equipo, aínda que tamén hai unha imaxe do equipo logo dun partido), repasa detalladamente a historia do equipo, as súas denominacións, a imaxe e as cores que empregou, o estadio no que disputa os seus partidos como local, así como as personalidades relacionadas co equipo, os trofeos colectivos e os recoñecementos individuais ás súas xogadoras. O artigo explica tamén o proxecto, a relación do equipo coas seleccións nacionais femininas de Finlandia e as controversias. Artigo sobre deporte feminino que contribúe tamén a reducir a fenda de xénero. É o artigo máis completo, extenso e referenciado de todas as Wikipedias, mesmo máis que o da Wikipedia en lingua finesa, polo que considero que cumpre os requisitos para ser escollido artigo de calidade. --Piquito (conversa) 30 de xuño de 2023 ás 12:48 (UTC)[responder]
- A favor
Concordo. --Piquito (conversa) 30 de xuño de 2023 ás 12:48 (UTC)[responder]
Concordo. --Xabade (conversa) 4 de xullo de 2023 ás 18:11 (UTC)[responder]
Concordo. --Psdianamh7 (conversa) 7 de xullo de 2023 ás 20:27 (UTC)[responder]
Concordo.--Miguelferig (conversa) 7 de xullo de 2023 ás 22:55 (UTC)[responder]
Concordo.--MAGHOI (conversa) 29 de xullo de 2023 ás 11:18 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario. O artigo non inclúe (de momento) o cadro actual, que engadirei en setembro cando comece a liga, xa que é un equipo que soe mudar bastante dun ano para o outro. Piquito (conversa) 11 de xullo de 2023 ás 10:09 (UTC)[responder]
Comentario. Non me convence o título en inglés. Non sería mellor Kuortane Lukio (como o teñen na súa web)? --Norrin (Fálame) 19 de xullo de 2023 ás 15:58 (UTC)[responder]
- Norrin, o título do artigo se corresponde co nome do equipo, podes ver máis información da sección adicada ao nome (que está referenciada), tamén podes ver o miniartigo que a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo adicoulle ao equipo con motivo do 40º aniversario da creación da liga feminina, podes tamén ver que os interwikis (en inglés, finés e alemán) o artigo ten o mesmo título, se entras nas redes sociais do equipo tamén verás que todas son "Team Kuortane". Non se pode chamar "Kuortane Lukio" porque iso é outra cousa, un "lukio" é un instituto ou centro de ensinanza secundaria en Finlandia, as xogadoras estudan no "Kuortaneen Lukio" (Instituto de Kuortane), como se indica ao principio da historia do equipo. Finalmente, o sitio web que indicas non é o do equipo senón o do instituto (que ten un apartado adicado ao hóckey sobre xeo feminino, que é un dos deportes que se practican no centro, que en realidade sería como un centro de alto rendemento onde viven, adestran e estudan deportistas mozos), de feito o equipo non ten sitio web (algo que sinalaba no seu artigo no Jatkoaika Timo Savela e que o artigo recolle tamén na sección adicada ás controversias). Creo que iso é todo, espero ter deixado claro o tema do nome, un saúdo. Piquito (conversa) 19 de xullo de 2023 ás 17:53 (UTC)[responder]
Comentario. Eu o único que tocaría, sería na táboa de Líderes históricas do Team Kuortane, que poría a palabra completa do encabezado de cada columna porque só coas iniciais non resulta moi claro. Polo demais, gran artigo.MAGHOI (conversa) 29 de xullo de 2023 ás 11:17 (UTC)[responder]