Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Reino de Galicia
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Votación a artigo de calidade.
Período de votación: 29/12/2010 - 29/01/2011
SI: 10 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Información: proposto por Paradanta. MÉRITOS DO ARTIGO: Trátase dun artigo ben redactado, perfectamente entendible, completísimo e referenciado pormenorizadamente. Permite dotar ao lector dunha visión xeral e sólida do que foi a historia do reino de Galicia ao longo de 14 séculos. Non é froito da improvisación nin da inspiración puntual dun usuario, senón dun longo traballo colectivo de mellora, axuste e ampliación durante máis de catro anos, no que interviron 38 usuarios rexistrados, aínda que é de xustiza recoñecer especialmente o incansable traballo do usuario Alexandre Vigo, entregado á súa ampliación durante máis de tres anos. Contén unha perfecta introdución, unha división que alixeira a lectura do texto e unha acertada escolma de imaxes. Cumpre, en definitiva, cada un dos puntos que se esixen para considerar un artigo de calidade. --Paradanta (Cóntame) 11:54, 29 de decembro de 2010 (UTC)
- A favor
Concordo. --Paradanta (Cóntame) 11:54, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Concordo. --Adorian (fálame) 13:22, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Concordo. Suscribo o dito por Paradanta. Alédome de que pouco a pouco se lle vaia dando uso ao control de calidade da Galipedia que son os Artigos de Calidade--Hugo22 15:28, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Concordo. Estou moi contento de ter colaborado neste artigo, e penso que está á altura dun artigo de calidade.--Alexandre Vigo 16:27, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Concordo. Para min é indubidabelmente un dos mellores artigos que hai arestora na Galipedia, merece entrar, por méritos propios, no selecto club dos artigos de calidade. Aínda que lle detectei algúns erriños esparexidos de ortografía, cando teña máis tempo irei depurándoos pouco a pouco. --Nonso91 17:56, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Concordo O mellor traballo que eu lembre na Galipedia. --Alberte Si, dígame? 15:59, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)
Concordo merece estar pois non lle falta calidade.--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 16:02, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)
Concordo --Woden (eh ho?!) 21:18, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
Concordo Artigo de alta calidade. È un artigo novador, xa que sò leva a lexitimidade da historiografìa (galega e internacional) moderna dende finaìs do seculo XX. Polo tanto o artigo evolucionara co tempo : material actual ira noutros artigos etc. Parabéns a Alexandre Vigo, alma e obreiro importante do artigo, e sempre atento aos nosos comentarios para manter vivos os piares das wikipedias (neutralidade, anotar as fontes etc) o que tamén é elemento da calidade. Elvira (conversa comigo) 17:52, 19 de xaneiro de 2011 (UTC)
Concordo. --turonio 09:30, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)
- En contra
Discordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:04, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Discordo --Elisardojm (conversa) 15:43, 31 de decembro de 2010 (UTC)
- Comentarios
Comentario Pola noite xustificarei o meu voto, agora fáltame tempo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:06, 29 de decembro de 2010 (UTC)
- Dou esta explicación porque creo que un artigo sobre a historia de Galicia na Galipedia debe ser un artigo de importancia capital sobre o que hai que ser especialmente esixente e considero que este adoece dalgúns erros. Quede claro de antemán que a miña discrepancia non é de tipo ideolóxico, senón relativa ó que eu creo que debe de ser unha enciclopedia.
- Por unha banda atopo defectos de método e por outra de enfoque. Os de método expliqueinos xa hai tempo na páxina de conversa do artigo, e refírense ó modo de referenciar. Isto é facilmente subsanable, pero mentres non estea amañado non se pode dicir que neste artigo se respecta o principio de verificabilidade, imprescindible para manter o punto de vista neutral.
- Sobre os defectos de enfoque, o antedito punto de vista neutral esixe que "un artigo debe de reflectir tódalas posturas significativas. Así que estamos obrigados a reflectir o coñecemento humano nese senso", e máis adiante que se pode "adoptar porén a perspectiva do que é o coñecemento humano: un conxunto de teorías discordantes en tódolos temas. Debemos, de xeito colectivo e individual face-lo esforzo de presentar eses puntos de vista de forma equilibrada e xusta". No que atinxe ó artigo, a visión que este dá sobre a historia do Reino de Galicia non é a admitida pola historiografía en xeral, senón por un pequeno sector, por moito que a min me pese. Se o artigo recollese outras visións, aínda que só fose a título de curiosidade, a cousa sería ben distinta, pero omíteas como se non existisen. Este artigo, no seu estado actual, non contempla as discordancias, non é equilibrado. Nós non escribimos a historia, nós facemos unha enciclopedia partindo do que din os que escriben a historia.
- Como creo que estes dous defectos son graves e, ademais, non se resolven nun día, o meu voto é negativo. De todos modos animo á comunidade a seguir mellorando este artigo, sen o cal a Galipedia está orfa. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:58, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Comentario. É un artigo magnífico, e se fose editor de por exemplo doutra wiki de menos esixencia/rigor, votaría sen dubidar para axudar a lle dar a estreliña de calidade, pero como son galipedista e teño a miña teima persoal en que todos os artigos de calidade deben seguir o mínimo que nos marcamos co artigo do Breogán de Lugo, quedo en standby até que non desaparezan todas ou practicamente todas as ligazóns en vermello. Ademais, creo que é necesario alixeiras creando (máis) artigos ramificados, do estilo do que se fai en Lugo. Tratarei de axudar nos vindeiros días a facer os artigos non creados (as lig. internas en vermello). --Atobar (conversa comigo) 22:30, 29 de decembro de 2010 (UTC)
Comentario Disculpade a intromisión, se se introducise un pequeno capítulo cunha exposición sintética das outras visións ¿cambiaría o sentido do voto de Xoacas? Saúdos.--91.116.156.68 23:08, 30 de decembro de 2010 (UTC)xalundes--91.116.156.68 23:08, 30 de decembro de 2010 (UTC)
Comentario Nun artigo tan longo e complexo estar en cada afirmación amosando as numerosas interpretacións que hai na historiografía sería na práctica imposible por tamaño e incomodidade na lectura. Ben, como di Xalundes, quizais podería ser unha solución unha sección sobre a historiografía neste tema, explicando (de xeito breve) as distintas posturas nas distintas cuestións e aclarando por onde tira o artigo. Esta sección podería substituir á actual do "Reino de Galiza na historiografía tradicional española" que pasaría a ser unha sección dun artigo máis xeral sobre o "Reino de Galiza na historiografía". As referencias, aínda así, amosan que nos baseamos nunha pluralidade de visións. Sobre o das ligazóns vermellas que comenta Atobar, penso que, cando menos na actualidade, a porcentaxe é ínfima en comparanza co número de ligazóns totais. --Alberte Si, dígame? 00:46, 31 de decembro de 2010 (UTC)
Comentario Voto en contra para que este artigo sexa aínda mellor do que o é actualmente, e porque estou dacordo coas melloras que propoñen Xoacas e Atobar. Hai moitísimo traballo feito, pero aínda lle queda un chisco para ser un artigo cuasi-perfecto, que é o que fai falla para ser Artigo de calidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15:43, 31 de decembro de 2010 (UTC)
- Elisardo, se é polas mesmas razóns que apunta Xoacas e apuntei eu, non perdas de vista as melloras, porque o que dicía eu, por exemplo, das lig. internas xa está a ser solucionado, e poida que o comentado por Xoacas tamén se trate neste tempo que queda até rematar a votación. Quero dicir con isto que igual tes que rasgar o voto negativo máis adiante (ou non). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:51, 31 de decembro de 2010 (UTC)
- Por suposto, non teño ningún problema en cambiar o meu voto en canto o artigo esté mellorado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:31, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)
Comentario Elisardojm, perdóame, pero o teu comentario paréceme pouco reflexivo e pouco madurado, feito de pasada e de présa e correndo.O tema das ligazóns vermellas, como di Atobar, é unha teima persoal del e non é un punto obxectivo da calidade dun artigo que se contemple en Wikipedia:O que é un artigo de calidade. Aínda así, podemos estar de acordo (e eu de feito, concordo niso con el) en que quedan esteticamente mal e por iso Alexandre e mais eu estamos a traballar creando eses novos artigos, dos que xa quedan poucos, sendo estes unha porcentaxe ridícula da cantidade de ligazóns totais que hai.
O tema da corrente historiográfica daría para un debate sen fin...digamos que xa ten o seu espazo no apartado do Reino de Galicia e a historiografía española. Pero eu non concibo a Galipedia como un altofalante das verdades "oficiais", que repita unha e outra vez o que limos nos libros de texto. A Galipedia ou é alternativa ou non será.
Non é que haxa moito traballo feito, é que eu non coñezo outro artigo da Galipedia tan traballado como este ao longo de tanto tempo. Outros artigos, excelentes e magníficos por suposto, pero non tan traballados coma este xa son artigos de calidade. Non nos poñamos unhas metas utópicas de perfección, arelando excelencias inalcanzables, porque condenaríamos a Galipedia ao ostracismo. --Paradanta (Cóntame) 16:07, 31 de decembro de 2010 (UTC)
- Sinto que o meu comentario non che parecera adecuado, Paradanta, pero sigo pensando prácticamente o mesmiño que cando o puxen. Por outra banda non estou dacordo coa túa apreciación de que a Galipedia ten que ser unha alternativa. Unha enciclopedia non é unha alternativa, unha enciclopedia, dende o meu punto de vista, é unha obra seria, con fundamentos, basada en estudos adecuados e o máis neutral posible. E iso é o que hai que tentar que sexa a Galipedia, unha "enciclopedia en galego" e non unha "enciclopedia alternativa en galego" porque entón si que penso que non será, como ti dis. Con isto e o anterior comentario de mellorar a neutralidade do artigo non quero dicir, nin moitísimo menos, que aqui haxa que repetir a perorata "nacionalista" española, máis ben case, case todo o contrario. A parte principal que penso que habería que tentar mellorar é a neutralidade do artigo, tal como apuntou Xoacas, porque ademáis de ser un dos piares da Wikipedia é fundamental nunha enciclopedia seria. Se a Galipedia quere ser unha enciclopedia seria iso é o que ten que tentar de facer, dar información de calidade e neutral, noutras wikipedias xa sabemos todos qué tipo de información alternativa ofrecen, non sigamos nós o seu mesmo mal exemplo... Ademáis vista a calidade do artigo e os comentarios que están saíndo nesta discusión está máis que claro que eiquí hai xente con coñecementos máis que abondos para facelo, así que...--Elisardojm (conversa) 10:31, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)
Comentario Disculpade, pero creo que non convén perder de vista que o problema historiográfico non ten un espazo co capítulo sobre a historiografía española. O problema está en que o paradigma recollido non é aceptado pola maioría da historiografía GALEGA actual. Non se corresponde coa realidade dicir que a historiografía galega dos últimos tempos siga verdades oficiais, esta historiografía rachou con moitas ideas preconcibidas na historiografía española tradicional pero ten pouco que ver coas liñas tan profusamente desenvolvidas neste meritorio artigo. Catedráticos como Portela, Pallares, Recuero, Alsina, Baliñas, García Oro, Andrade... plasman nos seus estudos outros modelos explicativos, algún deles inciden moito máis na singularidade de Galicia ao non esvaíla nesa magna e difusa pangallaecia. López Carreira, Teixeira e Camilo Nogueira non gozan da consideración destes catedráticos e as súas concepcións son minoritarias. O artigo ademais tampouco se cingue a estas correntes estrictamente senón que as reinterpreta dun xeito expansivo. Modestamente, porén, entendo que tampouco aquí estamos ante unha eiva insalvable, abondaría cun capituliño breve sobre as concepcións destes catedráticos, con proxección nacional, estatal e internacional, e quizais algún portugués como Mattoso, para cumprirmos as normas de neutralidade e non habería que quitar ren nin mover unha coma do traballo de Alexandre e outros. Non sei se isto compracería a Xoacas.
Saúdos, e un 2011 ventureiro para todos.--91.116.152.236 14:43, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)xalundes--91.116.152.236 14:43, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Concordo en parte co que dis, pero non convén perder de vista outra cousa. As posturas de historiadores coma López Carreira non son opinións illadas, senón que cómpre inserilas nun panorama europeo de reinterpretación da historia medieval, encabezado por xente coma o francés Alain Guerreau, quen pretende eliminar os anacronismos con que esta fase histórica foi analisada, resaltando enfoques demasiado esquecidos como o da semántica histórica e, en definitiva, facendo ver que non se pode estudar esas épocas aplicando conceptos actuais acriticamente que logo poden resultar anacrónicos. É, sen dúbida, un estudo da Historia desde unha óptica anovadora e, sobre todo, máis científica, cuxa progresiva implantación internacional debe terse en conta á hora de adxudicarlle o cualificativo de minoritario. Neste sentido, a Galipedia pode presentarse como unha fonte de coñecemento moderna e á vangarda nos últimos progresos da ciencia histórica, fuxindo dalgunhas tendencias da historiografía española tradicional que pouco a pouco van caíndo no descrédito por politizadas e pouco científicas. Saúdos e feliz ano tamén para ti, ip. --Paradanta (Cóntame) 15:10, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Feliz 2011 a todos, é unha ledicia e honra comezar o ano con todos vós. Tiña pensado intervir unha vez estiveran cheos todos eses ocos de información ou ligazóns encarnadas, sen embargo coido que tal e como vai todo unha opinión máis pode estar ben. Dí o refraneiro castelán que O somos gallegos o no nos entendemos é dicir: ou non temos vontade de entendernos entre nós, ou non nos entendemos, desde logo non comparto ese refraneiro -alleo culturalmente a min-, e tampouco teño pensado adoptar ese roll que outros nos quixeron dar, por iso estou aqui na procura de concordia, porque sempre que houbo unión entre galegos as cousas foron moi ben -visible neste propio artigo-. Se cadra é a miña sensación, mais parece que nunca acaban os problemas aqui; ora o eterno debate Galiza/Galicia, ora as ligazóns escanadas, ora visións historiográficas. Sei que todos eles teñen o seu fundamento, mais penso que temos que ser ordenados facendo as cousas, aínda non acabamos co tema das ligazóns, cando xa saltamos ao tema da óptica historiográfica. Porfavor, sigamos os tempos, pechemos o das ligazóns vermellas e abordemos o tema que ven (óptica historiográfica), e non nos poñamos a discutir sobre se o tono azul do escudo, debera ter 1 punto máis ou menos de cian no ficheiro. Non fagamos honor ao refraneiro de fóra. --Alexandre Vigo 15:56, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Soamente un recordatorio: neste espazo discútese se vai ou non para artigo de calidade -o máximo mérito dun artigo wiki-, polo cal si hai que lle sacar as cores até o extremo, a este Reino de Galicia e a calquera outro texto. --Atobar (conversa comigo) 17:49, 2 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Bon, entre todos parece que o artigo en canto ligazóns e repetición das mesmas, quedou -polo menos ao meu xuizo- realmente ben, excelente diría eu. Agora supoño que o maior escollo para chegar a un consenso desexable, sería abordar o tema da óptica historiográfica. A miña opinión é a seguinte; penso que nós non debemos reflectir aqui nomes de autores especialmente contemporáneos estilo; Persoa1 afirma X, mentres persoa2 afirma Y. Digo isto porque é sumamente ambiguo e todo o que puideramos dicir serían opinións, non feitos, xa que algúns autores como por exemplo Recuero, teñen escrito cousas distintas en publicacións distintas, Pallares ten unha visión propia, Portela tamén é en certa medida ambiguo, é dicir, ao non dispor estes grandes autores galegos de monografías sobre o reino, énos imposible dicir o que eles pensan, e nos non debemos interpretar aqui. Outra cousa importante é cuantificar/cualificar, Pallares é unha grande autora, pero se cadra Freixeiro Mato o é tanto, non?, é dicir coido que non debemos facer comparativas entre os que nós cremos son os mellores. Certamente, o noso periodo temporal -tan perto- tampouco nos axuda, ás cousas vense mellor de lonxe e terían que pasar anos para dispor dunha obra que analizara todas as perspectivas. O artigo ten a perspectiva actual a grandes rasgos porque se basa nas monografías que teñen por obxecto o reino de Galicia, e son as únicas que trazan unha liña desde o Galliciense regnum de Gregorius Turolensis, ata o reyno de Galicia do século XIX, e con isto non me quedo decantar por ningunha opción. Dito isto, a miña proposta é que no final da introducción se diga algo neutral e obxectivo ademáis de aceptado por todos os autores galegos, algo asi como: Desde finais do século XIX ata alomenos o franquismo, a historia do mesmo foi negada, falsificada e mesmo ocultada nos libros escolares en España (véxase "O reino de Galicia e a historiografía") (é un exemplo). Con isto simplemente reflectimos uns feitos corroborables e obxectivos. Abaixo, no apartado de "O reino de Galicia e a historiografía española", poderiamos cambiarlle o título como dicía Alberte, e coido que Xoacas tamén, por "O reino de Galiza na historiografía", e aqui expor de xeito rápido -pois hai un artigo xa feito para el- o seguinte: a negación do reino suevo (onde o 90% da historiografía contemporánea está dacordo), a exaltación dos visigodos, as interpretacións sobre o reino de Asturias e o de León, e a visión castelanista. A ver que vos parece, dende logo xa faríamos algo máis elegante e serio que a wiki española que despachou o reino deste xeito:historia forma parte de algunas de las reivindicaciones historiográficas del galleguismo y corriente próximas. Espero vosas observacións e propostas, unha aperta a todos.--Alexandre Vigo 23:26, 3 de xaneiro de 2011 (UTC)
Concordo coas propostas de Alexandre, aínda que para min o artigo xa estaría ben como está. Pero se son precisas para chegarmos a un consenso máis amplo, adiante. --Paradanta (Cóntame) 12:08, 4 de xaneiro de 2011 (UTC)
Comentario Témome, admirado Alexandre, que os pouco ecuánimes redactores desa frase na wiki española verían neste artigo unha confirmación á súa pouco elegante e infundada aseveración. Seguir a López Carreira en toda a liña argumental e narrativa do artigo obviando á maioría dos autores galegos (que de ambiguos teñen pouco e de oficialistas menos) fará que se froten as máns. Considero, salvo mellor opinión, que iso é doadamente evitable cun sintético engadido, pero a túa proposta reforza o seu carácter cuasi-unidireccional, dito sexa con todo o respecto e só para entendérmonos. As normas sobre neutralidade deixan pouca marxe para unha enciclopedia alternativa e obrigan a recoller todas as visións, pensa que López Carreira foi considerado, moi inxustamente por certo, un historiador oficial da Xunta. A Xunta de Fraga encargoulle a impartición de cursos e a de Quintana tívoo de máximo referente en diversos eventos, exposicións, publicacións e ata na redacción dun borrador de limiar para un estatuto de nación etc. etc. Con todo e por iso, que sigamos como liña nuclear e eixe expositivo a este autor paréceme axeitado. Só se precisa un lixeiro contrapunto para gañarmos en prestixio por un respecto mínimo as normas, mais se queremos cargar de armas ao inimigo, e deixar este artigo inerme ante acusacións fáciles, adiante, por razóns obvias non serei eu quen vote en contra, pero sería unha mágoa e teu esforzado traballo, dunha cualidade indiscutible, ficaría moi vulnerable por carecer dun mínimo contrapunto. Saúdos neste monárquico día--91.116.157.22 22:20, 5 de xaneiro de 2011 (UTC) xalundes--91.116.157.22 22:20, 5 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Estimado compañeiro xalundes, agradezo a túa admiración da que non son merecedor. Certo é que para os séculos IX-XI, este artigo nutriuse especialmente das obras monográficas feitas para o reino de Galicia por López Carreira, López Texeira e outros autores, non obstante, ideas como; o mantemento do territorio da Gallaecia, a ausencia en Galicia dunha "reconquista", o mantemento dunha estructura política de Galicia/Gallaecia en tempo visigodo e incluso a denominación de reis ovetenses ou reino ovetense son sostidas por importantes autores que ti mesmo aludias como Pallares e Portela. Pola atención que lle adicas a López Carreira -autor louvable como outro calquera e do que descoñezo as súas andainas persoais no terreo político que ti nos achegas- penso que sería inxusto concederlle a el o protagonismo dunha corrente historiográfica revisionista sobre este tema -o do reino de Galicia- que xa foi desde finais do século XIX tratado por outros autores, desde Murguía, García Álvarez, Valdés Golpe e incluso Armesto, Villares, Elías de Tejada ou Erias Martínez que non dubidaron en calificar a monarcas como Fernando II ou Afonso VIII (IX) como reis galegos. Paralelamente, hai unha serie de autores nos últimos anos que veñen incidindo máis neste modelo explicativo do reino de Galicia; Freixeiro Mato, Murado López, Nogueira (quen adica unha obra monográfica ao reino de Gallaecia), Barbosa Alvares, Fernández Pacios, etc. Por outra banda, o recente congreso internacional, "1600 anos do Reino de Galicia" (apoiado pola USC) onde participaron entre outros:Rodríguez Resino, Pena Graña, Bernárdez Vilar, López Pereira, pode tamén darnos unha idea de que nos últimos tempos neste eido -o reino de Galicia- a investigación está collendo moito pulo. Pero volvendo ao contexto, certo é que hai importantes autores que ti ben dicías que non comparten esta tese -mais en xeral sosteñen teses propias e diversas-, e estou dacordo contigo en que poderiamos dar un contrapunto no apartado de "O reino de Galicia e a historiografía", entendendo que non debemos reflectir nomes (porque reflectir uns e outros non, sería o eterno debate), mais si algunhas ideas; hai autores que negan a total existencia do reino, outros cren que se corresponde unicamente co reinado de García II e outros que son os reinados intermitentes de Ordoño II, Sancho Ordóñez e algún máis, outros parecen que flotan aínda na ambigüidade. Estou contigo en que sería positivo -non deste xeito tan sumamente simple- explicalos alomenos brevemente para que si consten, e lograr ese contrapunto, mais tampouco creo que debamos pechar os ollos ante unha verdade plausible, non só por todos os autores senón por nós mesmos; das diversas formas en que se queira entender ou comprender o reino de Galicia (que durou ata novembro de 1833), a súa existencia -aínda cinguindonos á Idade Moderna- foi alomenos ocultada e negada, e para iso só temos que ver os libros de escolares de historia de España desde os anos 40. Agardando podamos chegar a un consenso, un saúdo, e agardo que a monárquica noite, deixara monárquicos agasallos.--Alexandre Vigo 12:38, 6 de xaneiro de 2011 (UTC)