Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Escultura da Roma antiga
(Redirección desde «Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Escultura da Roma Antiga»)
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() | Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 15 de xullo de 2016 - 14 de xullo de 2016
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Isili0n (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 13:22 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 15-07-2016 ata o 14-08-2016.
Información: MÉRITOS DO ARTIGO: A información provén dos artigos en portugués, catalán (ambos os dous son artigos de calidade) e castelán. Penso que é un artigo ben referenciado; nin moi longo, nin moi curto; cunha boa ilustración da evolución da escultura romana e que ademais trata a relación da historia do Imperio Romano coas funcións que realizaba esta arte. --Isili0n (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 13:22 (UTC)[responder]
- A favor
Concordo. --Isili0n (conversa) 15 de xullo de 2016 ás 13:22 (UTC)[responder]
Concordo. --Regato das Tres Regueiras (conversa) 16 de xullo de 2016 ás 15:14 (UTC)[responder]
Concordo. --Miguel 9 de agosto de 2016 ás 11:04 (UTC)[responder]
Concordo, aínda que apunto as miñas impresións nos comentarios. Piquito (conversa) 10 de agosto de 2016 ás 00:09 (UTC)[responder]
Concordo.--Miguelferig (conversa) 10 de agosto de 2016 ás 22:09 (UTC)[responder]
Concordo. --Breogan2008 (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 11:26 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Comentario. Hai algunha afirmación que precisaría dunha referencia sólida que as probase, p.ex: "Coa meirande parte da súa poboación analfabeta e incapaz até de comprender o latín erudito que circulaba entre a elite, as artes visuais funcionaban coma unha especie de lingua franca accesíbel a todos, confirmando ideoloxías e divulgando a imaxe de personalidades eminentes". Suxiro que algún se anime a engadir referencias que lle dean solidez a esas afirmacións. Mgl.branco (conversa) 10 de agosto de 2016 ás 07:48 (UTC)[responder]
Comentario. O artigo penso que está ben estruturado e ten uns contidos de calidade, aínda que considero que debe ser revisado por máis usuarios para corrixir lingua e redacción. Polo que respecta a estes aspectos, penso que ás veces a redacción pode ser un tanto "enrevesada" e chegar a dificultar a lectura do artigo a persoas que non son coñecedoras da materia. A linguaxe empregada non sempre axuda á comprensión, xa que en ocasións empréganse formas próximas ao portugués, que se ben son aceptadas en galego (supoño que si) non son amplamente empregadas pola xente e mesmo poden ser descoñecidas para un público amplo, polo que eu optaría por simplificar a linguaxe con formas máis comunmente empregadas. Penso tamén que deben evitarse referencias ao propio texto do artigo (por exemplo frases como "como se dixo antes"), creo que non son nocesarias nin quedan ben, non aportan nada ao significado das frases. Son aspectos que poden traballarse con posterioridade, pero considero que deben traballarse o antes posible, polo demáis non me vou opoñer a ter un artigo máis de calidade cando este ten contidos de calidade, só espero que canto menos un usuario máis anímese a votar o artigo e a revisar os aspectos que eu sinalei (ou outros) e sumemos un novo artigo de calidade nun campo tan importante como a arte. Grazas e parabéns pola proposta a Isili0n! Piquito (conversa) 10 de agosto de 2016 ás 00:09 (UTC)[responder]