Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Club Baloncesto Breogán
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
![]() |
Período de votación: 21 de maio de 2010 - 20 de xuño de 2010
SI: 8 — NON: 0 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Información: proposto por Adorian. MÉRITOS DO ARTIGO:Penso que é un bo artigo, ben estruturado e cunha labor de documentación moi ampla e procedente de moitas fontes. Tamén está acompañado por imaxes e multitude de artigos asociados como xogadores, os pavillóns, cadros de xogadores de tempadas anteriores, etc; estando actualizado ao día. E outro detalle aínda que non sei se moi influínte é que é un artigo relacionado con Galicia que non se atopa en wikipedias doutras lingua así de completo. --Adorian (fálame) 21:35, 21 de maio de 2010 (UTC)
- A favor
Concordo. --Adorian (fálame) 21:35, 21 de maio de 2010 (UTC)
Concordo Imos ver se inauguramos a sección. O que menos me gusta do artigo é esa linguaxe con cheiro a carrusel deportivo. Xoacas(non te me poñas así) 21:57, 21 de maio de 2010 (UTC)
Concordo. --Atobar (conversa comigo) 22:32, 21 de maio de 2010 (UTC)
Concordo Sempre me preguntei por que a Galipedia non ten artigos de calidade, non é pola súa ausencia! O artigo é estupendo.--Paradanta 22:39, 21 de maio de 2010 (UTC)
Concordo e penso que para darlle protagonismo na portada habería que propoñelo, tamén, para Artigo destacado ou Sobre Galicia, que unha cousa non quita a outra--. HombreDHojalata.conversa 10:15, 22 de maio de 2010 (UTC)
Concordo Por fin imos ter un artigo de calidade! A ver se a partir de agora comezamos a empregar esta ferramenta como garantía de calidade para os nosos artigos que boa falta fai! Aproveito pra darche a noraboa Adorian--Hugo22 16:51, 22 de maio de 2010 (UTC)
Concordo --Alberte Si, dígame? 21:51, 6 de xuño de 2010 (UTC)
Concordo --Xoán Carlos Fraga 21:40, 7 de xuño de 2010 (UTC)
- En contra
- Neutro
Neutro Non entendo moito de desportes por iso non quero meterme na votación. Estou dacordo cos elementos dados na proposta e confío nos outros usuarios para considerar que é un bo artigo ... para artigo destacado ou artigo sobre Galicia e que sería un dos mellores nesas duas categorías. Deixando aparte o contido dos coñocementos en matería de deporte e todo o traballo feito, penso co label calidade é algo maís velaqí algún comentario :
- a cabeceira, no meu pensar, non correspon ao libro de estilo, ver tamén a a linea O artigo debe posuír unha pequena introdución que resuma o contido que se vai desenvolver., a segunda parte da cabeceira penso que estaría mellor na estrutura do artigo ?
- o punto de vista neutral ainda pode gañar neutralidade, dous exemplos :
- o titulo de subsección Ascenso meteórico é demasiado laudatorio, un sinonimo estatia mellor
- outras referencias laudatorias teñen fontes en webs pro Club Baloncesto Breogán
- nun artigo de calidade non se debería admitir "actualmente", penso que debe darselle outros terminos.
- Non dudo da claidade da información confiando nos usuarios amadores de deportes. Maís non podo aprobar bastantes "detalles" na forma.
Concordo para artigo sobre Galicia e sobre todo para artigo destacado na portada, xa co club é bastante coñecido no mundo deportivo fora de Galicia. Elvira (conversa comigo) 19:25, 26 de maio de 2010 (UTC)
- Comentarios
- Teño algún comentario. Ás veces no artigo emprégase play-off e outras playoff, habería que ver cal é a solución boa. Hai unha frase que non entendo: O club decide tomar medidas e corta a Kenny Green, fichando para o partido ante o FC Barcelona ao pivote de Miami Devin Davis. Nestoutra frase habería que aclarar as circunstancias, porque quedan no ar: onde acabou invicto sen maiores problemas mais, unha serie de circunstancias que se sucederon durante os seguintes días, fixeron que o equipo renunciase voluntariamente ao ascenso. Outra: O seu pai é Brath, e os seus fillos Ith e Belenus, entre outros. O nome de Breogán significa Fillo de Breo, "Breo-genus", sendo Breo é o Brath gaélico. Máis nada, o artigo é realmente bo, e solucionado o que comento votarei a favor. --Alberte Si, dígame? 16:00, 22 de maio de 2010 (UTC)
- O de "playoff" a ACB e a FEB adoitan escribilo xunto, así que penso que deberíamos optar por esa. O de corta, quizais é mellor trocar por "despide" ou "rescinde o contrato". O das circunstancias busquei moita documentación e no achei gran cousa, aínda que sóame ter lido que fóra por problemas económicos, tentarei buscalo a ver. Con respecto ao de Breogán convén aclarar un pouco a frase, mais tamén teríase que substituír no propio artigo do Breogán, xa que iso ven tan cal sae nel.--Adorian (fálame) 16:27, 22 de maio de 2010 (UTC)
- Arranxei o de "playoffs" é o de "corta". Tamén tentei redactar mellor o solucionar o do nome "Breogán", aínda que cómpre que alguén o revise se é posible. O das "circunstancias" poreime a buscalo, a ver se non tardo en atopalo algo.--Adorian (fálame) 16:37, 22 de maio de 2010 (UTC)
- Lendo un artigo publicado fai uns días no xornal El Progreso sobre o ascenso mencionado e na hemeroteca de "El Mundo Deportivo" pon que o Breogán "renunciou voluntariamente ao ascenso a Primeira", non pon ningún motivo concreto. A única outra fonte que atopei pon "a causa de una serie de vicisitudes acaecidas en el corto plazo de unos dias". Pode ser que nin se chegasen a coñecer as causas, pero seguirei buscando.--Adorian (fálame) 17:27, 22 de maio de 2010 (UTC)