Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Execución da familia Romanov
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobada
Período de votación: 7/5/2018 - 6/6/2018
SI: 6 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 7 de maio de 2018 ás 15:03 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 07-05-2018 ata o 06-06-2018.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO:Artigo sobre a execución da familia do tsar Nicolao II en Ekaterimburgo en xullo de 1918 (este ano se cumpren 100 anos). É unha tradución de varios artigos noutras linguas, principalmente o inglés e o ruso, sendo este último de calidade. A diferenza do artigo inglés, o noso recolle información sobre o que lle aconteceu a outros membros da familia que tamén foron executados polos bolxeviques nese período, aínda que se centra na familia directa do tsar. Inclúe numerosas fotos que o ilustran, abundantes referencias dos contidos e citas no corpo do texto. Tamén incluín un plano que atopei da casa do Gobernador de Tobolsk que as outras wikipedias non teñen (está feito con excel... pero polo menos está en galego).
O propoño para bo posto que aínda está aberta a investigación sobre os restos e de aquí a un tempo pode ampliarse o contido segundo o resultado da mesma.--AMPERIO (conversa) 7 de maio de 2018 ás 15:03 (UTC)[responder]
AVISO. Existe unha votación simultánea para escoller este mesmo artigo como artigo de calidade.
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 7 de maio de 2018 ás 15:03 (UTC)[responder]
- Concordo.--Gobraves (conversa) 7 de maio de 2018 ás 20:09 (UTC)[responder]
- Concordo. Alberte Si, dígame? 10 de maio de 2018 ás 09:58 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 11 de maio de 2018 ás 22:00 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 12 de maio de 2018 ás 19:10 (UTC)[responder]
- Concordo. --Atobar (conversa comigo) 13 de maio de 2018 ás 09:54 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comento sen ler o artigo completo. Vendo o tamaño, referencias (está máis referenciado que todos os que se empregaron para a súa redacción) imaxes votaría en contra polo simple motivo de que penso que pode ser artigo de calidade tal e como está agora (pasándolle unha boa man á ortografía, porque vin cousas que non puiden corrixir e seguramente haberá moitas máis porque case non lin nada). É certo que a investigación está aberta, pero se é completo no referente ao que xa se sabe non creo que deba haber problema para que sexa de calidade, algún exemplo: aínda se investiga a vacina do sida, as persoas vivas teñen tamén marxe de ampliación ata que morran, os clubs deportivos seguen competindo... e non por iso deixamos de escoller ese tipo de artigos como artigos de calidade, sempre se poden descubrir cousas novas de eventos ou períodos históricos, ciencia, música, deporte, cadros perdidos ou descoñecidos de algunha personalidade da pintura... todo tema é susceptible de ser ampliable no futuro. Non vou votar en contra porque non teño ningún argumento de peso para facelo, pero si que proporía que se propuxera para calidade e que a comunidade decidira. Un saúdo, Piquito (conversa) 7 de maio de 2018 ás 21:03 (UTC)[responder]
- Piquito, visto así se cadra tes razón e o debería propoñer para calidade. Aínda que me parece que a xente xa está un pouco "torrada" de tanta votación vista a pouca participación que hai ultimamente. O que pretendía coa proposta é que, de saír aprobada Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Execución da familia Romanov, tivera polo menos unha estreliña ao saír na portada. Por certo, poderías indicarme as cousas que viches para tratar de corrixilas eu? Levoume o seu traballo xa que tiven que empregar un tradutor para o ruso, converter o texto a inglés (xa que a tradución a castelán era totalmente incomprensible) e despois facer eu a tradución ao galego, así que seguramente aínda que andei con ollo, pasouse algo por riba. --AMPERIO (conversa) 8 de maio de 2018 ás 11:19 (UTC)[responder]
- AMPERIO, as cousas que vin eran de ortografía, non de redacción. Lin moi pouco, creo que na cabeceira había cousiñas, pero non lembro exactamente, ademais vin que logo retiraches o marcador e traballaches máis no artigo, así que pode que xa as corrixiras ti ou outra persoa... tampouco sabería dicirche exactamente onde porque lin cousas soltas. Como observación, eu eliminaría a imaxe dos cadáveres dos grandes duques, son contrario a poñer imaxes de mortes violentas (de cadáveres en xeral), creo que non achegan gran cousa e non me agrada velas, eu prescindiría delas e mesmo considero que deberiamos ter unha especie de "código ético" para non poñer segundo que imaxes. Un saúdo e grazas polo teu esforzo co artigo. Piquito (conversa) 8 de maio de 2018 ás 12:42 (UTC)[responder]
- Piquito, visto así se cadra tes razón e o debería propoñer para calidade. Aínda que me parece que a xente xa está un pouco "torrada" de tanta votación vista a pouca participación que hai ultimamente. O que pretendía coa proposta é que, de saír aprobada Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Execución da familia Romanov, tivera polo menos unha estreliña ao saír na portada. Por certo, poderías indicarme as cousas que viches para tratar de corrixilas eu? Levoume o seu traballo xa que tiven que empregar un tradutor para o ruso, converter o texto a inglés (xa que a tradución a castelán era totalmente incomprensible) e despois facer eu a tradución ao galego, así que seguramente aínda que andei con ollo, pasouse algo por riba. --AMPERIO (conversa) 8 de maio de 2018 ás 11:19 (UTC)[responder]