Wendy and Lucy
filme de 2008 dirixido por Kelly Reichardt
Wendy and Lucy é un filme independente, estreado no Festival de Cine de Cannes do 2008. Está dirixido por Kelly Reichardt e protagonizado pola actriz Michelle Williams. O director creou o guión baseándose nun relato curto chamado Train Choir, de Jonathan Raymond.
Wendy e Lucy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Wendy and Lucy |
Director | Kelly Reichardt |
Produtor | Larry Fessenden Neil Kopp Anish Savjani |
Guión | Kelly Reichardt Jonathan Raymond |
Intérpretes | Michelle Williams |
Estrea | 2008 |
Duración | 80 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.wendyandlucy.com/ | |
Argumento
editarWendy Carroll é unha rapaza nova que se dirixe a Alasca buscando unha oportunidade laboral. A súa única compaña é o seu can, Lucy. A rapaza queda tirada en Oregón, lonxe do seu destino. Estrágaselle o coche e non o dá reparado, extravía o can co cal estaba moi unida; e a súa situación económica non lle permite tomar moitas opcións.
Personaxes
editar- Michelle Williams como Wendy Carroll
- Walter Dalton como Garda de seguridade
- Will Oldham como Icky
- John Robinson como Andy
- Will Patton como Mecánico
- Deirdre O'Connell como Deb
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial Arquivado 01 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)