Weegee
Weegee, pseudónimo de Arthur Fellig, nado en Zolochiv o 12 de xuño de 1899 e finado o 26 de decembro de 1968, foi un fotógrafo e reporteiro gráfico estadounidense de orixe rusa, coñecido polas súas fotografías en branco e negro tiradas de sucesos violentos.
Nome orixinal | (en) Arturo Fellig |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xuño de 1899 Zolochiv, Ucraína (pt) |
Morte | 26 de decembro de 1968 (69 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Lugar de traballo | Nova York (1919–1968) |
Ocupación | fotógrafo, fotoxornalista, xornalista |
Período de actividade | 1919 - 1968 |
Pseudónimo literario | Felig, Artur Fellig, Arthur Felig, Asher Weejee |
Obra | |
Arquivos en | |
Descrito pola fonte | Modern Times: Photography in the 20th Century UbuWeb |
Biografía
editarWeegee naceu en Zolochiv, na actualidade pertencente a Ucraína. Seus pais, Rachel e Bernard, puxéronlle o nome de Usher, pero mudáronllo polo de Arthur ao emigraren a Nova York en 1909.
Foi o segundo de sete irmáns, catro deles (Elias, Usher, Rachel e Phillip) nados en Europa, e os outros tres (Molly, Jack e Yetta) nos Estados Unidos[1].
Carreira como fotógrafo
editarOrixe do pseudónimo
editarFellig tomou o alcume de Weegee dunha interpretación fonética da palabra ouija, debido ás súas frecuentes chegadas a escena só minutos despois de que as autoridades fosen avisadas acerca dun crime, un incendio ou outra emerxencia. Segundo as versións, dise que foi el mesmo quen se puxo o nome, que foron as súas compañeiras da axencia Acme Newspictures, que subministraba imaxes aos dous periódicos máis importantes de Nova York: o Daily News e o Herald Tribune[2] ou un axente de policía.
Temática das imaxes
editarWeegee está considerado un fotógrafo de noticias indiscreto especializado en documentar o ambiente das rúas de Nova York mediante desgarradoras fotografías en branco e negro. As imaxes amosando escenas de crimes, vítimas de accidentes de tráfico ensanguentadas ou praias urbanas ateigadas seguen resultando estremecedoras. Porén, como xustaposición, Weegee tamén fotografou as damas da alta sociedade neoiorquina vestidas cos corpiños e diademas.
Obtención das fotografías
editarEn 1938 Fellig era o único reporteiro gráfico de Nova York con permiso para levar unha radio portátil de onda curta coa frecuencia da policía. Tiña instalado un cuarto escuro no maleteiro do seu coche para acelerar o proceso de entrega das fotografías aos periódicos. Weegee adoitaba traballar de noite como fotógrafo freelance; escoitaba a radio atentamente chegando ás escenas incluso antes que a policía.
A maioría das súas fotografías máis famosas foron tomadas cun equipo fotográfico moi básico e coas técnicas da época. Weegee non recibiu formación fotográfica máis alá da autodidacta.
Exposicións, publicacións e películas
editarTense comentado que Weegee vivía alleo ao mundo da escena fotográfica de Nova York. Porén, en 1943 o MoMA incluíu algunhas das súas fotografías nunha exposición. Máis tarde, as súas fotos foron incluídas noutra exposición do MoMA organizada por Edward Steichen, e deu unha charla en The new School. Tamén realizou tarefas relacionadas coa publicidade para revistas como Life e Vogue.
O seu primeiro libro de fotografías, Naked City (1945), serviu como inspiración á película de 1948 The Naked City, de Jules Dassin. Igualmente, o libro inspirou o título dunha serie policial de televisión e o nome dun grupo musical liderado por John Zorn.
Weegee tamén realizou curtametraxes en 16 mm en 1941 e traballou en Hollywood como actor e asesor entre 1946 e os inicios da década dos sesenta.
Durante a década dos cincuenta e sesenta experimentou coa fotografía panorámica e coas distorsións fotográficas, como co uso de prismas. Fellig fotografou a Marilyn Monroe nunha famosa fotografía na que a cara da actriz aparece grotescamente distorsionada mesmo sendo recoñecible. Para a película The Yellow Cab Man (1950), filmou unha secuencia na que aparece o tráfico distorsionado. Durante os anos sesenta viajó por Europa dedicándose á fotografía de corpos nus.
Faleceu tras complicacións dun tumor cerebral.
En 1980, a súa viúva (Wilma Wilcox) creou, xunto a Sidney Kaplan, Aaron Rose e Larry Silver, The Weegee Portfolio Incorporated co fin de crear unha colección única de impresións fotográficas a partir dos negativos orixinais de Weegee[3].
Bibliografía
editar- Weegee by Weegee. Autobiografía (1961)
- Miles Barth, Weegee's World (Bulfinch Press, 1997)
- Kerry William Purcell, Weegee (Phaidon, 2004)
- Unknown Weegee (Steidl Publishing, 2006)
Notas
editar- ↑ Weegee's World. Weegee Chronology Arquivado 21 de marzo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Siempre el primero en la escena del crimen" Arquivado 07 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ The Weegee Portfolio Incorporated Arquivado 20 de novembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)