Walter Kohn
Walter Kohn, nado o 9 de marzo de 1923 en Viena (Austria) e finado en Santa Barbara (California), o 19 de abril de 2016, foi un físico teórico austríaco nacionalizado estadounidense que foi premiado, xunto con John Pople, co Premio Nobel de Química en 1998.
Traxectoria
editarKohn graduouse en matemáticas e física pola Universidade de Toronto en 1945 e realizou unha especialidade en matemática aplicada tamén en Toronto, que terminou en 1946. Doutorouse en física pola Universidade Harvard en 1948, baixo a supervisión de Julian Schwinger. Foi profesor na Universidade Carnegie Mellon durante 1950-1960, onde realizou gran parte da súa investigación sobre física de semicondutores. Trasladouse máis tarde á recentemente fundada Universidade de California en San Diego en 1960, onde permaneceu ata 1979. Entón aceptou o cargo de primeiro director do Instituto Kavli de Física Teórica, Santa Bárbara. Tomou posesión do cargo de profesor da Universidade de California, Santa Bárbara en 1984, onde continuou dando clase como profesor emérito.
En 1957 recibiu a cidadanía estadounidense, pasando a ter a dobre nacionalidade austríaca-estadounidense.
Investigacións científicas
editarDurante a súa estancia na Universidade Carnegie Mellon realizou investigacións na física dos semicondutores, materia que posteriormente cambiou pola investigación das características electrónicas de diversos materiais. En particular, Kohn desempeñou un papel importante no desenvolvemento da teoría funcional da densidade, que posibilitou o incorporar os efectos da mecánica cuántica na densidade electrónica (en lugar de mediante a función de onda). Esta simplificación computacional foi moi frutífera e pasou a ser unha ferramenta esencial da electrónica de materiais, atómica e molecular.
En 1998 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polo desenvolvemento da teoría funcional da densidade. A outra metade do premio recaeu en John Pople polo desenvolvemento de métodos teóricos mediante os cales podíanse investigar as propiedades das moléculas nos procesos químicos.
En 1961 obtivo o Premio Buckley da American Pyhsical Society pola súa obra.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1998 (en inglés)
- Autobiografía na páxina do Instituto Nobel 1998 (en inglés)
- Perfil de Harold Walter Kroto en NNDB (en inglés)
Predecesor: Paul D. Boyer, John E. Walker e Jens Christian Skou |
Premio Nobel de Química 1998 con John Pople |
Sucesor: Ahmed H. Zewail |