Waldrada, filla de Wacho

Waldrada ou Vuldetrada, nada en 531 e finada en 572, foi unha dama franca filla de Wacho, rei dos longobardos (que gobernou sobre 510-539) e da súa segunda muller chamada Austrigusa ou Ostrogota, unha muller xépida.

Modelo:BiografíaWaldrada, filla de Wacho
Biografía
Nacemento530 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte570 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Raíña dos francos
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsorte Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloLombard princess (en) Traducir
Raíña dos francos Editar o valor en Wikidata
FamiliaLombard dynasty (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeTeodebaldo, rei dos francos
Garibaldo I de Baviera
Clotario I Editar o valor en Wikidata
FillosTochter von Bayern
 () Garibaldo I de Baviera
Chlotsuinda (?)
 () Clotario I
Grimoald I
 () Garibaldo I de Baviera
Tasilón I de baviera
 () Garibaldo I de Baviera
Gundoaldo
 () Garibaldo I de Baviera
Teodelinda de Baviera
 () Garibaldo I de Baviera
Romilda of Friuli
 () Garibaldo I de Baviera Editar o valor en Wikidata
PaisWacho Editar o valor en Wikidata  e Austricusa Editar o valor en Wikidata
IrmánsValtari
Wisigarda Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Lombardia-4

Traxectoria

editar

Foi a esposa de Teodebaldo, rei de Austrasia (que gobernou entre 548 e 555), do que quedou viúva; despois foi a amante repudiada de Clotario I, rei dos francos (que gobernou ata 561) que a entregou como muller a Garibaldo I de Baviera.

A Origo gentis Langobardorum denomina nomen unae Wisigarda…nomen secundæ Walderada como as dúas fillas de Wacho e a súa segunda muller, especificando que Waldrada estaba casaba con Scusuald rex Francorum e máis tarde con "Garipald".[1]

A Historia Langobardorum fala de Walderada como a segunda filla de Wacho da súa segunda muller, especificando que casou con Francorum rex Chusubald.[2] Paulo Diácono denomina Wisigarda…[et] secunda Walderada como as dúas fillas do Rei Wacho e a súa segunda muller, especificando que Walderada estaba casada con Cusupald, alio regi Francorum e máis tarde con Garipald.[3]

Hermann de Reichenau (Herimannus) denomina Wanderadam á esposa de Theodpaldus rex Francorum cando menciona o segundo matrimonio do rei Lotario: Lotharius rex patris eius Theodeberti patruus.[4]

Gregorio de Tours denomina a Vuldetrada como a muller do rei Teodebaldo.[5] Segundo Gregorio de Tours, o rei Clotario empezou a ter relacións coa viúva do rei Teodebaldo, ata que os bispos se queixaron e entregouna ao duque Garibaldo de Baviera,[6] que aparentemente implica que o rei Clotario non chegou a casar con Waldrada.

Referencias

editar
  1. Origo gentis Langobardorum 4, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 4.
  2. Historia Langobardorum Codicis Gothani 4, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 9
  3. Pauli Historia Langobardorum I.21, Monumenta Germaniae Historica Ss rer Lang I, páx. 59.
  4. Herimanni Augiensis Chronicon 553, Monumenta Germaniae Historica Ss V, páx. 88.
  5. Gregorio de Tours a Historia Francorum IV.9, pág. 202.
  6. Gregorio de Tours, Historia Francorum IV. 9, pág. 203.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar