WOS Festival
Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. (Desde marzo de 2019.) |
WOS Festival é un festival indoor radicado en Santiago de Compostela. A súa primeira edición tivo lugar en 2014. O seu programa inclúe, dependendo da edición, actividades de cinema, performance, mesas de debate e concertos.
Os espazos que forman ou formaron parte do seu programa inclúen o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Cidade da Cultura de Galicia, a Fundación Eugenio Granell, o Teatro Principal, o Mercado de Abastos, o Salón Teatro, a Zona C, a sede da Fundación SGAE, a Sala Capitol, a Sala Malatesta, ou o cinema independente NUMAX. WOS recibiu o galardón ao mellor festival Indoor de 2018 nos European Festival Awards,[1] o premio nacional á mellor promoción turística[2] nos Iberian Festival Awards 2018, e foi destacado entre os dez mellores proxectos galegos de 2018 no Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea.[3]
O festival conta con apoio e colaboración entre outros do Concello de Santiago de Compostela, a Deputación da Coruña, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia a Cidade da Cultura de Galicia e patrocinadores privados.
Notas
editar- ↑ "European Festival Awards 2018: The winners". IQ Magazine (en inglés). 17-1-2019. Consultado o 28-3-2019.
- ↑ "Premio al WOS por la promoción turística y cultural de la ciudad". El Correo Gallego (en castelán). 20-3-2019. Arquivado dende o orixinal o 08-04-2019. Consultado o 08-04-2019.
- ↑ "Observatoiro de la cultura « Fundación Contemporánea" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-03-2019. Consultado o 28-3-2019.