Vršac
Vršac (en serbio cirílico: Вршац, húngaro: Versec, Versecz, alemán: Werschetz, romanés: Vârşeţ, turco: Virsac) é unha localidade e municipio situados na Provincia Autónoma de Voivodina, en Serbia. En 2002 a súa poboación era de 40.000 habitantes, sendo de 54.369 a do municipio.[1] Vršac atópase na rexión histórica do Banato, no distrito de Banat do Sur.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Serbia | ||||
Autonomous province of Serbia (en) ![]() | Voivodina | ||||
Distritos da Sérvia (pt) ![]() | Banato Sur | ||||
Município da Sérvia (pt) ![]() | Vršac Municipality (en) ![]() ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 35.701 (2011) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 198,5 km² ![]() | ||||
Altitude | 101 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 26300 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 13 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | vrsac.org.rs ![]() |
Etimoloxía
editarO nome de Vršac é de orixe serbia; derívase da palabra eslava Vrh, que significa "cumio".[2] En Serbia, a cidade é coñecida como Вршац ou Vršac, en romanés como Vârşeţ, en húngaro, como Versec, en alemán como Werschetz, e en turco como Virsac.
Historia
editarDesde a antigüidade, a zona sobre a que se asenta Vršac foi poboada por celtas, dacios, romanos e sármatas, para ser habitada sobre o século VII polos eslavos e un século máis tarde os húngaros.
O primeiro documento escrito sobre Vr?ac remóntase a principios do século XIV. Desde esa época, sobre a cidade gobernaron indistintamente reis serbios e húngaros. Aínda que se mantivo baixo o Reino de Hungría, chegou a ser conquistada polos turcos, que foron expulsados en 1716.[3] Porén, a composición étnica da cidade variou substancialmente, coa chegada masiva de serbios que fuxían da represión turca no sur. Tras o colapso otomán, e como parte do Banato (dende 1849 Voivodato de Serbia e Banato de Timişoara), mantívose baixo o Imperio Austrohúngaro até a primeira guerra mundial (1914-1918), en que quedou integrada no Reino de Iugoslavia dentro do Banato serbio. Ao final da segunda guerra mundial produciuse un éxodo da poboación alemá, tras a derrota da Alemaña nazi e a chegada do comunismo. Xa como parte da provincia serbia de Voivodina mantívose até os nosos días.
Economía
editarVršac ten unha industria bastante desenvolvida en comparación coa media do país. Está dedicada principalmente a produtos farmacéuticos, alimentarios e téxtiles. A compañía farmacéutica máis importante de Serbia, o Grupo Hemofarm, está establecida na cidade.[4]
Vršac, situada na fértil Chaira Panónica é tamén considerado un dos centros agrícolas máis importantes da rexión de Banat do Sur, que é tamén a parte sur da provincia de Voivodina, situada nunha zona dunhas 54.000 ha de terra cultivable e moi fértil. Existe unha importante porcentaxe de poboación dedicado a actividades relacionadas coa agricultura.
Demografía
editarSegundo o censo de 2002, o último realizado en Serbia, os 54.369 habitantes de Vršac estaban etnicamente repartidos así:
- Serbios = 39,418 (72,50%)
- Romaneses = 5,913 (10,87%)
- Húngaros = 2,619 (4,82%)
- Romaníes = 1,186 (2,18%)
- Iugoslavos = 1,019 (1,87%)
- Outros = 4,214 (7.76%)
Patrimonio
editar- Torre de Vršac: é o símbolo da cidade. A Vršačka kula data do século XV. É o último vestixio dunha antiga fortaleza medieval.
- Mosteiros: existen dous mosteiros ortodoxos no municipio, o Mosteiro de Mesić, do século XV, e o Mosteiro de Središche, que é unha construción máis moderna.
- Adegas: o municipio de Vršac é unha fértil rexión vinícola, onde se producen os viños Tinto Vržole e Branco Vržole, grazas aos cales se desenvolveu un incipiente turismo vinícola.[5]
Transportes
editarVržac, situada a 84 km de Belgrado, é lugar de paso da Ruta europea E70, que une a capital serbia con Timisoara e o sur de Romanía (a fronteira atópase a só 12 km), e tamén da liña de ferrocarril que une estas dúas cidades.
A cidade tamén é sede do Aeroporto Internacional de Vršac]], un do catro aeródromos internacionais do país, e que tamén é sede da Academia de voo Jat Airways, un dos máis recoñecidos centros de formación de pilotos de Europa.[6] A compañía de bandeira nacional, Jat Airways, opera desde Vršac voos a 28 cidades de toda Europa.
Deportes
editar- Artigo principal: KK Hemofarm.
- Véxase tamén: Millennium Center.
A cidade de Vršac é sede dun dos equipos de baloncesto punteiros da liga serbia, a Naša Sinalko Liga, e da Liga do Adriático o KK Hemofarm, que xoga os seus encontros como local no Millennium Center, inaugurado en 2002 e que tamén foi unha das sedes do Eurobasket 2005. Tamén albergará encontros do Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2012, a celebrar en Serbia.
Cidades irmandadas
editarNotas
editar- ↑ Statistics of Population[Ligazón morta]
- ↑ Istorija[Ligazón morta]
- ↑ "History". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ "Hemofarm in Serbia". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ "Wine Tourism". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ JAT, ofertas e promocións[Ligazón morta]