Voo 771 de Afriqiyah Airways
O voo 771 de Afriqiyah Airways era un servizo regular internacional de pasaxeiros entre o aeroporto de Xohanesburgo-O.R. Tambo e o aeroporto de Trípoli. O día 12 de maio de 2010 o Airbus A330-202 que operaba a ruta esnafrouse ao redor das 06:01 hora local (04:01 UTC) cando se aproximaba a Trípoli.[1][2] Dos 104 pasaxeiros e tripulantes a bordo só sobreviviu un neno neerlandés de nove anos chamado Ruben van Assouw.[3][4] O accidente do voo 771 foi a terceira perda dun Airbus A330 con vítimas mortais, ocorrendo once meses despois do segundo deles, o accidente do voo 447 de Air France.
Voo 771 de Afriqiyah Airways | |
---|---|
![]() O avión do accidente
| |
Resumo | |
Data | 12 de maio de 2010 |
Causa | erro dos pilotos |
Lugar | na aproximación ao aeroporto de Trípoli |
Coordenadas | |
Orixe | Xohanesburgo-O.R. Tambo |
Destino | aeroporto de Trípoli |
Finados | 103 |
Feridos | 1 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A330-202 |
Operador | Afriqiyah Airways |
Rexistro | 5A-ONG |
Pasaxeiros | 93 |
Tripulación | 11 |
Superviventes | 1 |
Avión e tripulación
editarO aparello era un Airbus A330-200, con rexistro 5A-ONG e número de serie 1024, fabricado no ano 2009. Foi entregado en setembro de 2009 e no momento do accidente tiña unhas 1 600 horas de voo nuns 420 ciclos. O avión estaba equipado con dous motores General Electric CF6-80E1.[5] Estaba configurado para unha capacidade de 253 pasaxeiros.[6][7] Este voo levaba 93 pasaxeiros e 11 tripulantes. A meirande parte dos pasaxeiros eran cidadáns neerlandeses regresando das súas vacacións en Suráfrica.[2] Un traballador do aeroporto afirmou que 13 libios, entre pasaxeiros e tripulantes, e 70 neerlandeses morreran no accidente.[8][9]
O capitán era Yousef Bashir Al-Saadi, de 57 anos. Fora contratado por Afriqiyah Airways en 2007 e tiña 17 016 horas de voo, incluídas 516 horas no Airbus A330. O primeiro oficial era Tareq Mousa Abu Al-Chaouachi, de 42 anos. Tiña 4 216 horas de experiencia, incluídas 516 no A330. O primeiro oficial de reserva era Nazim Al-Mabruk Al-Tarhuni, de 37 anos, con 1 866 horas, das que 516 eran no A330.[10]
Notas
editar- ↑ "Afriqiyah Flight 771 accident". web.archive.org. 2010-05-15. Archived from the original on 15 de maio de 2010. Consultado o 2018-12-17.
- ↑ 2,0 2,1 "Libya air crash 'kills over 100'" (en inglés). 2010-05-12. Consultado o 2018-12-17.
- ↑ "103 doden bij vliegramp Tripoli". nos.nl (en neerlandés). Consultado o 2018-12-17.
- ↑ "'Ruben wordt uitstekend verzorgd' - Tilburg-stad - Brabants Dagblad". web.archive.org. 2011-08-09. Archived from the original on 09 de agosto de 2011. Consultado o 2018-12-17.
- ↑ Kaminski-Morrow, David (2010-05-12). "Afriqiyah identifies crashed A330-200". Flightglobal.com (en inglés). Consultado o 2019-01-07.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Airbus A330-202 5A-ONG Tripoli International Airport (TIP)". aviation-safety.net. Consultado o 2019-01-07.
- ↑ Clark, Nicola (2010-05-12). "Boy Is Sole Survivor of Libyan Plane Crash". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2019-01-07.
- ↑ "Child only survivor in Libyan jet crash". Reuters (en inglés). 2010-05-12. Consultado o 2019-01-07.
- ↑ "Briton among Libya air crash dead" (en inglés). 2010-05-13. Consultado o 2019-01-07.
- ↑ "نعي". Afriqiyah Airways. Archived from the original on 17 de maio de 2010. Consultado o 2019-1-7.