Volta a Castela e León
A Volta a Castela e León, no seu día denominada Trofeo Castela e León, é unha competición ciclista por etapas que se disputa en Castela e León (España).
Tipo | carreira por etapas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unión Ciclista Internacional |
Localización e Datas | |
País | España |
Vixencia | 1986 – |
Calendario da tempada | abril – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | vueltacastillayleon.es |
Dispútase case ininterrompidamente, dende a tempada 1985, coa excepción de 1990. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI en 2005 integrouse no UCI Europe Tour dentro da categoría 2.1.
En canto á participación, adoita haber unha boa representación internacional e de equipos de categoría UCI ProTour. No seu palmarés hai ciclistas importantes como Miguel Indurain, Melchor Mauri, Santiago Blanco, Ángel Casero, Leonardo Piepoli, Francisco Mancebo, Alexander Vinocurov, Alberto Contador e Levi Leipheimer.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial da carreira Arquivado 18 de marzo de 2009 en Wayback Machine. (en castelán)