Volta ó Alentexo
A Volta ó Alentexo é unha carreira ciclista por etapas de categoría 2.2 UCI Europe Tour, que se disputa na rexión portuguesa do Alentexo polo mes de xuño.
Tipo | carreira por etapas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unión Ciclista Internacional |
Parte de | UCI Europe Tour |
Localización e Datas | |
País | Portugal |
Vixencia | 1983 – |
Calendario da tempada | marzo – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | voltaaoalentejo.com |
Creada en 1983, até 2016 téñense disputado 34 edicións desta proba. Cada edición da carreira conta con 4 etapas que, polo xeral, teñen un percorrido moi chan. O vencedor adoita ser un corredor dalgunha escapada, pois non hai contra o reloxo, e o propio relevo da xeografía do Alentexo impide que haxa etapas de montaña.
Xerseis
editarEstes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
Palmarés
editarNingún ciclista foi quen de vencer na Volta ó Alentexo en dúas ocasións. Dous galegos acadaron a vitoria, Xesús Blanco Villar en 1991 e David Blanco en 2010. O gañador máis ilustre da carreira foi Miguel Indurain, en 1996.