Vladimir
Vladimir (en ruso: Владимир) é unha cidade de Rusia, capital do óblast homónimo. Encóntrase á beira do río Kliazma, a 200 km ao leste de Moscova. En 2010 tiña unha poboación de 345.373 habitantes. Dúas das súas catedrais son Patrimonio da Humanidade. Durante a segunda guerra mundial, o seu aeroporto foi a sede da base aérea de Dobrinskoie.
Владимир (ru) ![]() | ||||
Alcume | Вторая столица Руси, Вторая столица Святой Руси e Вторая столица Древней Руси ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Rusia | |||
Óblasts | Oblast de Vladimir (pt) ![]() | |||
Distrito urbano | Municipal Formation of the City of Vladimir (en) ![]() ![]() | |||
Capital de | Principado de Vladímir-Súzdal (1157–1389) Vladimir Province (en) ![]() Vladimir Province (en) ![]() Vladimir Viceroyalty (en) ![]() Vladimirsky Uyezd (en) ![]() Vladimir Governorate (en) ![]() Vladimir Okrug (en) ![]() Q4113287 ![]() Oblast de Vladimir (pt) ![]() Municipal Formation of the City of Vladimir (en) ![]() ![]() | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 352.347 (2021) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 124,59 km² ![]() | |||
Altitude | 150 m ![]() | |||
Creación | 990 ![]() | |||
Organización política | ||||
• Xefe do goberno | Olga Deeva (en) ![]() ![]() | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 600000 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 4922 ![]() | |||
Identificador OKTMO | 17701000001 ![]() | |||
Identificador OKATO | 17401000000 ![]() | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Bari (2013–) ![]() | |||
Sitio web | vladimir-city.ru ![]() | |||
![]() |
Historia
editarA zona leva habitada como mínimo 25.000 anos. A fundación da cidade adoita datarse en 1108. Porén, podería ser anterior, pois segundo as crónicas parece que foi visitada por Vladimiro I de Kíiv no ano 990.
Desde finais do século XII até os últimos anos do século XIV, o principado con capital na cidade foi un dos que sucederon á Rus de Kíiv como principal potencia eslava. Está considerado tradicionalmente como o berce da lingua e a nacionalidade rusas. o Principado de Vladimir evolucionaría gradualmente até transformarse no Principado de Moscova ou Gran Ducado de Moscova.
Durante o principio do século XIII a cidade tivo unha época de esplendor.[1]
En 1173, Vsévolov o Gran Niño foi elixido Gran Príncipe de Kíiv. Porén, non se interesou moito pola cidade e acabou por abandonala, para tentar recuperar as terras de Vladímir en contra do usurpador Iaropolk. Sucedeu ao seu irmán Miguel como soberano do principado de Vladímir, continuou a extensión das terras do estado durante o seu reinado, polo que se *autotiulo como "Gran Príncipe" en 1177. Vsévolov foi o primeiro en ostentar o título de Gran Príncipe de Vladímir, como sinal de ruptura co Gran Principado de Kíiv.[2]
A cidade de Vladímir e o principado na súa totalidade caeu en mans do pobo tártaro ás ordes de Batu Khan en 1238.
Economía
editarVladímir, amais de ser considerada unha cidade turística, é sede de industrias eléctricas, químicas e alimentarias. Tamén hai instalacións militares de mísiles.
Galería
editar-
Catedral da Asunción de Vladímir.
-
Catedral de San Demetrio, foto de 1912.
-
Igrexa católica da Nosa Señora do Rosario.
-
Monumento ao príncipe Vladimiro e San Teodoro.
-
Monumento aos 850 anos da cidade.
Notas
editar- ↑ Martin, Janet (1993): Medieval Russia 980–1584. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-36832-4.
- ↑ Vernadsky, George (1973): Kievan Russia. New Haven and London: Yale University Press. ISBN 0-300-01647-6.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vladimir |
Bibliografía
editar- Franklin, Simon & Shepard, Jonathon (1996): The Emergence of Rus, 750–1200. (Longman History of Russia, general editor Harold Shukman). Londres: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
- William, Craft Brumfield (2004): A History of Russian Architecture. Seattle: University of Washington Press. ISBN 978-0-295-98394-3.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina Oficial de VladímirArquivado 11 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en ruso)
- Vladímir en wikivoyage (en inglés)
- More about Vladimir and other towns of the Golden Ring of Russia {(en inglés)