Viviane Forrester
Viviane Forrester, nada en París o 29 de setembro de 1925 e finada na mesma cidade o 30 de abril de 2013, foi unha escritora e ensaísta francesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Viviane Dreyfus ![]() 29 de setembro de 1925 ![]() 16º distrito de París, Francia ![]() |
Morte | 30 de abril de 2013 ![]() 7º distrito de París, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Biografía, globalización e Occidente ![]() |
Ocupación | escritora, ensaísta, crítica literaria, prosista ![]() |
Empregador | Le Nouvel Obs (pt) ![]() Le Monde ![]() |
Obra | |
Arquivos en |
|
Premios | |
| |
![]() |
Traxectoria
editarEstivo en España en 1943 fuxindo da persecución nazi. Traballou como crítica literaria do diario francés Le Monde. Tamén colaborou coas publicacións Le Nouvel Observateur e La Quinzaine littéraire e é especialista nas obras da escritora Virginia Woolf e do pintor Vincent Van Gogh.
Autora de diversas publicacións, destacan especialmente as súas obras L'Horreur économique (1996, coa que se deu a coñecer mundialmente) e Une étrange dictature (2000) nas que critica duramente o proceso de globalización económica e defende a tese de que as institucións financeiras internacionais están protagonizando un "golpe de estado mundial a cámara lenta".
É unha das fundadoras da organización non gobernamental Attac.