Virxe do Cristal

escultura relixiosa

A Virxe do Cristal, tamén é coñecida como A Pequeniña ó tratarse dunha talla de reducidas dimensións, do século XVII, e estivo situada no Santuario da Virxe do Cristal, en Celanova, até 2015, ano en que foi roubada, permanecendo en paradoiro descoñecido desde entón.

Virxe do Cristal
Advocación da Virxe María
Historia
Veneración
Venerada enIgrexa católica

Descrición

editar

A Virxe do Cristal, moi ligada ás tradicións da bisbarra de Celanova e á cal se lle atribúen varios milagres, componse dunha cápsula de cristal macizo de catro centímetros, o cal posúe o efecto dunha lupa, que á súa vez permite apreciar o que hai gardado no seu interior: unha lámina de vidro policromado de apenas dous centímetros, na que por unha banda vese unha efixie da Dolorosa, e por o outro unha imaxe da Virxe María co manto azul típico da Inmaculada Concepción, realizadas ambas as dúas con detalle e precisión e enmarcado todo iso nun baldaquino rematado por unha coroa dourada. Debido ao coidado con que a peza está realizada e o feito de que se atopa dentro dun bloque sólido de cristal, considerouse desde o seu achado como obra de poderes sobrenaturais, sendo a súa festividade celebrada o 15 de setembro.[1][2]

A Virxe do Cristal é a imaxe máis pequena dedicada á devoción mariana no mundo despois da das Letanías (Viacha, Bolivia), que desposuída do seu ouropel e roupaxes non acada os vinte milímetros.

 
Aires da miña terra.

A lenda sostén que a imaxe foi achada en Vilanova dos Infantes no século XVII por un labrego que se atopaba traballando a terra. O labrego gardouna inicialmente na súa faltriqueira mais, debido a que a peza non lle permitía moverse e ao non considerala valiosa, devolveuna ao chan, onde ao día seguinte foi atopada por unha moza labrega que levou a imaxe ante o cura de Vilanova.[3][4]

A súa fama chegou á corte de Felipe IV pouco despois da súa aparición. O rei mandou levar a imaxe onda el para que fose estudada polos sabios do palacio, quen chegaron á conclusión de que non era obra humana posto que non era posible introducir a imaxe naquel cilindro de cristal sen xuntas nin marca ningunha.

A fama da Virxe do Cristal aumentou considerablemente no século XIX grazas a Manuel Curros Enríquez, quen publicou en 1880 unha longa composición, de máis de mil versos, a cal narra unha historia de amor na que a Virxe intercede entre os dous namorados, Martiño e Rosa, para repor a honra desta última, calumniada por outro pretendente.

Desaparición

editar

A Virxe do Cristal desapareceu en marzo do 2015 ó ser roubada da casa reitoral na que estaba gardada. O párroco que a custodiaba, Adolfo Enríquez Méndez, de 77 anos, morreu asasinado durante o roubo, e o seu cadáver foi atopado por un dos seus irmáns na palleira da casa reitoral estirado boca abaixo cun forte traumatismo no cranio. O cura vivía coa única compañía dun can, o cal foi atopado pechado baixo chave na casa, cuxas dependencias estaban desordenadas, o que desde o principio expuxo a hipótese do roubo como o principal móbil do crime. Segundo as testemuñas solicitados polos investigadores, a talla só ocupaba o seu lugar na igrexa cando se celebraba algunha cerimonia relixiosa, sendo custodiada o resto do tempo polo párroco, quen adoitaba levala enriba como medida de seguridade aínda que ocasionalmente tamén a deixaba nun moble da casa reitoral envolta na funda dunha cámara fotográfica.[5]

Descoñécese se os autores do crime tiñan conciencia do escaso valor material da talla, a cal fora taxada en 200 euros. O delegado de Patrimonio da Diocese de Ourense, Miguel Ángel González, declarou que a súa valoración como obra artística é testemuñal: «Non é unha obra de arte de primeira orde, mais ten un enorme valor emocional e histórico». Entre os obxectos que había na casa reitoral atopábanse pezas de maior valor e con máis saída no mercado negro que a imaxe da Virxe, moi difícil de vender dada a súa fama e peculiaridade.[6][7]

A pesar das detencións practicadas, segue sen coñecerse a identidade dos responsables do crime e o paradoiro da imaxe.[8][9]

Réplicas

editar

Pouco despois da súa desaparición, o restaurador de arte e pintor granadino Manuel Granai Luna elaborou unha réplica da Virxe do Cristal. Tras catro meses de investigación e traballo, Granai fabricou un relicario de sesenta pezas ensambladas, o 80% de metal, con madeira e material sintético dourado con pan de ouro e, no seu interior, o diminuto cristal sintético, a diferenza do orixinal de cristal, coas dúas imaxes da Virxe.[10]

Segundo Granai, calquera detalle e peza do relicario tardou días, mesmo semanas en atoparse. Algunhas pezas, como o pequeno anxo e o dragón, foron enviadas desde Estados Unidos e Francia respectivamente. A maior dificultade para facer a réplica radicaba na realización da cápsula de vidro coa imaxe da Virxe no seu interior, e foi preciso facer un grande número de probas así como calcular as proporcións mediante o uso dun ordenador para que a imaxe non se estragase o metela no cilindro.

Aínda que a réplica de Granai foi utilizada no 2015 durante a procesión, no 2016 esta imaxe foi substituída por outra pagada polo novo párroco que se asemella máis á orixinal. O proceso de construción da pequena bóla que acolle a imaxe policromada desta nova réplica foi laborioso ao precisar múltiples debuxos e probas para facer unha reprodución exacta. Aínda que o traballo foi feito a man, houbo que renunciar ao material que deu nome á Virxe xa que a pesar dos numerosos intentos, non foi posible inserir a imaxe nun vaso como na talla orixinal sen queimar a policromía, polo que tiña que ser de resina. No que respecta ao camarín bañado en ouro que alberga a imaxe, o actual é de prata no canto do bronce como o orixinal.[11][12]

  1. "Vilanova dos Infantes e a Virxe do Cristal". Turismo de Galicia. Consultado o 07/12/2024. 
  2. "El enigma de la Virgen que se esfumó con un crimen". El País. 19/01/2026. Consultado o 07/12/2024. 
  3. "La irrepetible Virgen del Cristal". Vía Lethes. Consultado o 07/12/2024. 
  4. "Vilanova dos Infantes e a Virxe do Cristal". Turismo de Galicia. Consultado o 07/12/2024. 
  5. "El enigma de la Virgen del Cristal". 19/03/2015. Consultado o 07/12/2024. 
  6. "El crimen de la Virgen de Cristal". El Mundo. 05/04/2015. Consultado o 07/12/2024. 
  7. "El enigma del paradero de la segunda Virgen más pequeña del mundo que costó la vida al cura que la custodiaba". 13/05/2024. Consultado o 07/12/2024. 
  8. "Archivado el crimen del cura de Vilanova dos Infantes y el robo de la virgen diminuta". Faro de Vigo. 28/06/2018. Consultado o 07/12/2024. 
  9. "Unha exposición amosa a visión de máis de 30 artistas galegos da roubada imaxe da virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes". 15/09/2023. Consultado o 07/12/2024. 
  10. "Galidanzantes- Elas protagonizan a danza en homenaxe á diminuta Virxe do Cristal de Vilanova dos Infantes". 03/08/2024. Consultado o 07/12/2024. 
  11. "Vilanova dos Infantes xa coñece á nova Virxe do Cristal". La Voz de Galicia. 29/08/20216. Consultado o 07/12/2024. 
  12. "Vilanova dos Infantes se rinde al gran fervor que suscita la Virxe do Cristal". La Región. 15/09/2024. Consultado o 07/12/2024. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar