Vinho Verde
O vinho verde é un viño producido exclusivamente na rexión dos Vinhos Verdes, localizada no noroeste de Portugal. Constitúe unha Denominación de Orixe Protexida.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Vinhas.jpg/220px-Vinhas.jpg)
Debido ás características edafoclimáticas que naquela rexión demarcada se encontran, os viños producidos, brancos ou tintos, teñen unha concentración en ácido málico superior ao que é frecuente encontrar noutras rexións de Portugal. Na produción destes viños, cando remata a fermentación alcohólica do mosto (fermentación tumultuosa), aínda non completou a vinificación. Deben ser consumidos de novos.
O viño verde é o segundo viño máis exportado despois do viño do Porto.
Tipos e castas
editarExisten viños verdes brancos, tintos, rosados e escumosos. Existen tamén vinagres de viño verde, aguardentes de viño verde e recoñecidas bagaceiras. Os viños verdes son controlados e certificados pola Comissão de Viticultura da Região dos Vinhos Verdes, ostentando cada botella un selo de garantía de calidade.
As principais castas son, para os brancos, o Loureiro, o Alvarinho, o Arinto (coñecido localmente por Pedernã) e a Trajadura. Para os tintos son o Vinhão e para rosados o Espadeiro.
O viño verde posúe a segunda maior cota do mercado portuguesa, e é o único que presenta no último quinquenio crecementos sustentados.
Produción
editarA produción esténdese dende o val de Cambra, ao sur do Douro, até os lindes co río Miño que forma fronteira con Galiza. O número de viñas rolda arredor da centena de millar. O clima da zona é atlántico. Os produtores son moi numerosos, o 90% deles teñen superficies menores de cinco hectáreas. As vides dispóñenas en forma de pérgola dunha altura de catro metros. Este vino elaborouse de forma tradicional a escala doméstica.
A Denominação de Origem Controlada (DOC) divide a produción de vinho verde en seis subrexións: Amarante, Ave, Baião, Basto, Cávado, Lima, Monção, Paiva, Sousa. A zona de Monção produce un bo viño albariño.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Vinho Verde |