Vietnam do Norte
A República Democrática de Vietnam, tamén coñecida como Vietnam do Norte, foi un Estado socialista fundado por Ho Chi Minh e recoñecido pola China e a URSS en 1950. En 1954, trala derrota de Francia na Batalla de Dien Bien Phu, Francia recoñeceu formalmente este estado e a Indochina Francesa dividiuse en dous.
Việt Nam Dân chủ Cộng hòa (vi) ![]() | |||||
Himno | Tiến Quân Ca (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Độc lập – Tự do – Hạnh phúc» ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Hanoi ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 23.800.000 (1974) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua vietnamita ![]() | ||||
Relixión | ateísmo ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 157,88 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 2 de setembro de 1945 ![]() | ||||
Disolución | 2 de xullo de 1976 ![]() | ||||
Sucedido por | Vietnam ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Estado unitario Estado socialista república ![]() | ||||
Moeda | Dong vietnamita ![]() | ||||
Despois desta división produciuse un éxodo masivo dos vietnamitas do Norte cara ao Sur, moitos deles católicos, que sinalaban que a política norvietnamita exercía unha persecución sobre eles e outros tantos foron vietcongs sucesores dos vietminhs promovidos polo goberno do norte para liberar ou desprender o sur do control das potencias capitalistas. En 1959, o Partido Comunista Vietnamita secretamente decidiu realizar unha guerra contra o Sur reportándolle esta grandes custos ao país.
A capital de Vietman do Norte foi Hanoi e estaba gobernada por un goberno comunista aliado coa Unión Soviética e a República Popular da China, que loitou contra os Estados Unidos e Vietnam do Sur durante a guerra de Vietnam. A República Popular da China apoiou ao goberno durante a guerra.
Coa liberación de Saigón por parte das forzas Norvietnamitas o 30 de abril de 1975, a autoridade política en Vietnam do Sur foi asumida pola República de Vietnam do Sur. Este goberno fusionouse con Vietnam do Norte o 2 de xullo de 1976 e formaron unha soa nación denominada a República Socialista de Vietnam.