Vicki Baum
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Vicki Baum, nada en Viena o 24 de xaneiro de 1888 e finada en Hollywood o 29 de agosto de 1960, foi unha escritora austríaca nacionalizada norteamericana en 1938.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1888 ![]() Viena, Austria ![]() |
Morte | 29 de agosto de 1960 ![]() Hollywood, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | leucemia ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música, harp performance (en) ![]() ![]() |
Lugar de traballo | Berlín Oxford ![]() |
Ocupación | guionista, arpista, xornalista, escritora, música ![]() |
Alumnos | Stephanie Goldner (en) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Richard Lert (1916–) Max Prels (1906–1910) ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Handbuch der österreichischen Kinder- und Jugendbuchautorinnen (en) ![]() Verbrannt, verboten, vergessen (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNaceu en Viena no seo dunha familia xudía, estudou no Conservatorio de Viena e traballou durante tres anos nunha orquestra de Alemaña tocando a arpa. Máis tarde traballou como xornalista para a revista Berliner Illustrierte Zeitung. Durante a primeira guerra mundial traballou durante un tempo como enfermeira, casou dúas veces, primeiro en 1914 cun xornalista austríaco que a introduciu no mundo cultural vienés e despois co director de orquestra Richard Lert. Dende 1931 residiu nos Estados Unidos e as súas obras prohibíronse na Alemaña nazi.
Baum comezou a escribir durante a adolescencia, pero non publicou o seu primeiro libro, Frühe Schatten ata 1920. A súa novela máis famosa é Menschen im Hotel (1929) da que se fixo unha adaptación cinematográfica en 1932, Grand Hotel que gañou o Óscar ó mellor filme. Escribiu máis de 50 novelas, e cando menos 10 adaptáronse para filmes de Hollywood. A partir de The Ship and The Shore (1941) escribiu as súas novelas en inglés. As súas memorias apareceron postumamente, en 1962 co título de Es war alles ganz anders.