Vibilio
Vibilio, Vibilius ou Vibillius é o nome latinizado dun poderoso rei dos Hermunduros do século I, mencionado nos Anais do historiador romano Tácito. Para Wilhelm Zimmermann, Vibil(l)ius é a latinización do nome Weibel[1] (ou Waibel), que Felix Dahn discute.[2]
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século I ![]() |
Traxectoria
editarDespois do derrocamento do marcomano Maroboduo por Catualda no ano 18,[3] Maroboduo fuxiu á provincia romana de Nórico e despois os romanos permitiron que residise en Rávena, onde estivo dezaoito anos.[4] A seguir, Catualda, comezou a espallar os seus territorios e ocupar zonas da actual Bohemia, o que era contrario ós intereses do Imperio Romano, pois consideraban un perigo o establecemento dun potente reino na fronteira norte do Nórico. Así, no ano 21, apoiaron ao hermunduro Vibilio para que atacese a Catualda e o depuxese.[5] Catualda, como Maroboduo antes, viuse obrigado a se refuxiar no Imperio Romano e marchou á Gallia Narbonensis.[5]
Pero as ambicións de Vibilio, chamaron a atención dos romanos que coa axuda dos cuados, tamén o depuxeron a el e cederon o poder sobre os terreos ao norte do Nórico a Vannio (en latín, Vannius), quen era o caudillo dos cuados[6] e gobernou durante case trinta anos de xeito tiránico e cruel ás tribos circundantes. Cara o ano 50, Vibilio, aliado cos sobriños de Vannio, Vangión e Sidón, atacou dende o norte e derrotou a Vannio, poñendo fin ao reino dos marcomanos.[7][8] Vannio xunto cos seus clientes atoparon refuxio entre os romanos en Pannonia.
Consecuencias
editarO territorio dividuse entre Vangio e Sido. Un gobernou sobre os marcomanos e o outro sobre so cuados. Isto levou a unha fragmentación do poder en Xermania, mais nos anos vindeiros continuaron os ataques das tribos xermánicas contra a fronteira norte do Imperio Romano[7] que acabaron provocando as guerras marcomanas de 166-180, cando os romanos víronse obrigados a construír un feixe de fortalezas do Limes Romanus para defender as fronteiras setentrionais das provincias de Nórico, Dacia e Panonia. O emperador romano Marco Aurelio enviou unha lexión romana (Legio II Italica Pia) xunto cun gran corpo auxiliar para protexer esta fronteira. Estas forzas militares mantiveron o seu cuartel permanente aquí desde entón.
Notas
editar- ↑ Zimmermann (1877), p. 86.
- ↑ Dahn (1907), p. 29
- ↑ Tácito (1979), p. 175 (Libro II; 63)
- ↑ Tácito (1979), p. 176 (Libro II; 63,4)
- ↑ 5,0 5,1 Tácito (1979), p. 176 (Libro II; 63,5)
- ↑ Tácito (1979), p. 177 (Libro II; 62,6)
- ↑ 7,0 7,1 "Sláva a politicky vyznam kornny éeské v Evropé". Slovboda (en checo) II (14): 417–418. 26 de marzo de 1868.
- ↑ Tácito (1980), p. 68 (Libro XII; 29,2)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vibilio |
Bibliografía
editar- Dahn, Felix (1907). Die Könige der Germanen (en alemán). Leipzig: Breitkopf & Härtel.
- Tácito, Cornelio (1979). Anales (Libros I-VI). Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 19 (en castelán). (tradución e notas de José L. Moralejo). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-3523-3.
- Tácito, Cornelio (1980). Anales (Libros XVI-XXI). Colección: Biblioteca Clásica Gredos, nº 30 (en castelán). (tradución e notas de José L. Moralejo). Madrid: Gredos. ISBN 84-249-3544-6.
- Zimmermann, Wilhelm (1877). A Popular History of Germany from the Earliest Period to the Present Day (volume I) (en castelán). Nova york: H. J. Johnson.