Veta (pesca)
A veta[1] é unha arte de pesca fixa rectangular cunha tralla con flotadores e outra lastrada contra o fondo, ó cal se fixa con rizóns (similar ó rasco e á volanta), que adopta unha posición vertical, cun só pano, de ata 50 x 3 m na dimensión de cada peza e cun mínimo de 60 mm en lado da malla. Está regulada polo artigo 31 do Decreto 424/1993 do 17 de decembro[2], que indica que se pode usar todo o ano en mar non interior.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para veta.
- ↑ Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (20 de xaneiro de 1994). "DECRETO 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia". Diario Oficial de Galicia (13): 234.