Vera Popova
Vera Evstafevna Popova, nada como Vera Bogdanovskaia (en ruso Вера Евстафьевна Попова) en San Petersburgo 5 de setembroxul./ 17 de setembro de 1867greg. e finada en Izhefskii Zavod o 26 de abrilxul./ 8 de maio de 1896greg., foi unha química rusa. Foi a primeira muller química do seu país,[2] e a primeira muller rusa autora dun libro de texto sobre a química. Vera "probablemente converteuse na primeira muller a morrer a causa da química" como resultado dunha explosión no seu laboratorio.[3]
![]() | |
Nome orixinal | Vera Evstafevna Popova |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Vera Evstafevna Bogdanovskaia 5 de setembroxul./ 17 de setembro de 1867greg. San Petersburgo, ![]() |
Morte | 26 de abrilxul./ 8 de maio de 1896greg.[1] Izhefskii Zavod, ![]() |
Causa da morte | Explosión |
Educación | Universidade de Xenebra |
Director de tese | Aleksandr Borodin ![]() |
Q89547790 | Primeira muller química de Rusia e primeira muller rusa autora dun libro de texto sobre a química |
Actividade | |
Campo de traballo | Química ![]() |
Ocupación | Química |
Empregador | Cursos Bestúzhev ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Jacob Kozmich Popov ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
Primeiros anos de vida e educación
editarVera Bogdanovskaia naceu en 1868 en San Petersburgo. O seu pai, Evstafy Ivanovich Bogdanovsky, foi un profesor de cirurxía. Os seus pais conseguiron que os seus tres fillos estudaran na casa. En 1878, Vera comezou a estudar no Instituto Smolny á idade de 11 anos. A partir de 1883, pasou catro anos nos Cursos Bestuzhev e despois diso traballou durante dous anos nos laboratorios da Academia de Ciencias e a Academia Militar do Aceiro. En 1889 Bogdanovskaia deixou Rusia para ir a Suíza, onde realizou un doutoramento en química na Universidade de Xenebra. Defendeu a súa investigación sobre a dibencil cetona en 1892. Bogdanovskaia quería traballar na H-C≡P (metilidinafosfano), pero fora persuadida a concentrarse na dibencil cetona polo seu director de doutoramento, o profesor Carl Gräbe. Tamén traballou co doutor Philippe Auguste Guye en Xenebra, que estaba a traballar en estereoquímica.[4]
Carreira
editarBogdanovskaia regresou a San Petersburgo, en 1892 para traballar nos Cursos Bestuzhev, onde ensinou química. Esta fora unha institución fundada en 1878, para incentivar as mulleres rusas para quedar en Rusia para estudar. Vera estaba a traballar como asistente do profesor L'vov no ensino dos primeiros cursos de estereoquímica. A súa reputación como profesora e o seu coñecemento da ensinanza permitíronlle escribir o seu primeiro libro sobre fundamentos de química.[5] Escribiu ademais comentarios, traduciu traballos académicos e, xunto co seu profesor, publicou os traballos de Alexander Butlerov, que morrera en 1886.[1] Entre 1891 e 1894, publicou unha serie de documentos baseados na súa tese de doutoramento.
Morte
editarPopova morreu o 26 de abrilxul./ 8 de maio de 1896greg.[1], como resultado dunha explosión que se produciu mentres ela tentaba sintetizar H-C≡P (metilidinafosfano), un composto químico semellante ao cianuro de hidróxeno.[3] Tiña 28 anos.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Anne C. Hughes, "Vera Evstaf'evna Bogdanovskaia," in Marilyn Ogilvie, Joy Harvey, and Margaret Rossiter (eds.
- ↑ Ledkovskaia-Astman, Marina; Rosenthal, Charlotte; Zirin, Mary Fleming (1994). Dictionary of Russian Women Writers. Westport, CT: Greenwood Publishing Group. ISBN 978-0-313-26265-4.
- ↑ 3,0 3,1 Rayner-Canham, Marelene; Rayner-Canham, Geoffrey (2001). Women in Chemistry: Their Changing Roles from Alchemical Times to the Mid-twentieth Century. Philadelphia: Chemical Heritage Foundation. p. 64. ISBN 978-0-941901-27-7.
- ↑ Elder, Eleanor S; et al. (April 1979). "The Deadly Outcome of Chance-Vera Estaf'evna Bogdanovskaia". Journal of Chemical Education 56 (4): 251–2. doi:10.1021/ed056p251.
- ↑ Rulev, Alexander Yu.; Voronkov, Mikhail G. (2013). "Women in chemistry: a life devoted to science". New Journal of Chemistry 37 (12): 3826. doi:10.1039/C3NJ00718A.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vera Popova |