Ventura Requejo

debuxante e caricaturista galego

Ventura Requejo Buenadas, nado en Vigo en 1892[1] e falecido en Panxón (Nigrán) o 8 de agosto de 1939, foi un debuxante e caricaturista galego.[2]

Modelo:BiografíaVentura Requejo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de agosto de 1939 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Panxón, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente ferroviario Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante, ilustrador, caricaturista, fotógrafo Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDe la historieta y su uso, 1873-2000 Editar o valor en Wikidata
BUSC: requejo-ventura Tebeosfera: requejo_buenadas_ventura

Traxectoria

editar

Formouse en Londres, foi ilustrador na revista gráfica Vida Gallega[3] e colaborou noutras publicacións periódicas como La Esfera.[4] Entre as súas ilustracións encóntranse escenas costumistas galegas[3] e paisaxes.[5] En 1916 participou nunha exposición de caricaturas en Madrid.[6] Dedicouse como afeccionado á fotografía,[7] catro paisaxes da súa autoría publicáronse no número 168 de Vida Gallega en 1921.[7][8] Faleceu o 8 de agosto de 1939 a causa dun accidente ferroviario[2] ao intentar subir en marcha en praia América ao tranvía entre Vigo e A Ramallosa.[9]

Galería de imaxes

editar
  1. González Martín 2012, p. 169.
  2. 2,0 2,1 "El conocido caricaturista vigués Requejo Buenadas, víctima de un accidente". ABC (en castelán) (Madrid). 9 de agosto de 1939. p. 10. ISSN 1136-0143. 
  3. 3,0 3,1 S. L. (2 de marzo de 1918). "Un dibujante gallego. Ventura Requejo". La Esfera (en castelán) (Madrid) (218): 11. ISSN 1577-0389. 
  4. Pérez Rojas 1990, p. 128.
  5. J. del C. (21 de abril de 1916). "Artes y artistas. Exposición Requejo-Feduchi". La Correspondencia de España (en castelán) (21 254) (Madrid). p. 5. ISSN 1137-1188. 
  6. "Apuntes noticieros". Diario de Pontevedra. 22 de maio de 1916. p. 2. 
  7. 7,0 7,1 González Martín 2012, p. 166.
  8. Requejo, V. (5 de maio de 1921). "Fotografías artisticas. Alrededores de Vigo". Vida Gallega. Ano XIII (168): 11. ISSN 9958-9028. 
  9. "Arrollado y muerto por un tren". El Ideal Gallego. 9 de agosto de 1939. p. 3. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar