Velódromo de Fadura
O Velódromo de Fadura é unha instalación deportiva dedicada á práctica do ciclismo e do rugby, que forma parte da Cidade Deportiva Municipal de Fadura, en Getxo (Biscaia). As instalacións inclúen pistas de atletismo, campos de fútbol e hóckey, piscinas, pavillón, ximnasio e pistas de tenis.[2], e foron construídas a comezos dos anos 1960. A tribuna lateral cuberta do velódromo pode acoller a 510 persoas sentadas. A pista oval para bicicletas é de formigón, e apenas ten peralte.
Velódromo de Fadura | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 43°21′06″N 3°00′03″O / 43.3517, -3.0008 |
Localización | Getxo |
Construción | |
Inauguración | 1971[1] |
Estadio | |
Capacidade | 510 asentos |
Propietario | Concello de Getxo |
Localía | Getxo Rugby Taldea |
[ editar datos en Wikidata ] |
No campo de rugby que ocupa o interior das pistas xoga os seus encontros como local o Getxo Rugby Taldea da División de Honra de Rugby. A súa superficie é de herba natural.
Notas
editar- ↑ [1]
- ↑ Información na web da residencia para deportistas Arquivado 02 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en castelán)