Veguellina de Órbigo
Veguellina de Órbigo é unha localidade española pertencente ao concello de Villarejo de Órbigo, na provincia de León. Tiña unha poboación de 2.113 habitantes en 2015, sendo a localidade máis poboada do concello.
Atópase na estrada que une León e La Bañeza e tamén conta cunha saída da autoestrada León-Astorga. Ademais pasa pola pedanía a liña férrea entre León e A Coruña, aberta en 1866, data na que tamén foi inaugurada a estación de Veguellina.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web do concello de Villarejo de Órbigo Arquivado 09 de outubro de 2008 en Wayback Machine.