Vasquida García
Vasquida García, nada en Galicia no século XVI e finada cara 1579, foi unha sanadora galega vítima de caza de bruxas e condenada á fogueira pola Inquisición.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia, España |
Morte | p. 1579 Pontevedra, España |
Causa da morte | pena de morte, morte na fogueira |
Actividade | |
Ocupación | sanadora |
Traxectoria
editarGarcía viviu nas proximidades de Pontevedra. Coñecedora das propiedades curativas das herbas medicinais, exercía como menciñeira e sanadora.[2]
A Inquisición promoveu a caza de bruxas contra ela, sendo detida no cárcere de Santiago de Compostela acusada de practicar maxia e bruxaría.[2] Na primeira detención autoinculpouse como feiticeira afirmando que tiña pactos co diaño, coa promesa de perdón se así o facía.[2] Con todo, a súa confesión agravou a condena, foi azoutada, sometida a vergoña pública e ameazada con máis castigos se seguía coa súa actividade e co seu suposto matrimonio co demo.[1]
García non se detivo.[1] Volveu ser denunciada por numerosas testemuñas por manter relacións demoniacas.[2] En 1579 foi levada ante o Tribunal da Inquisición, negando as acusacións nesta ocasión.[1] Foi condenada como autora de supersticións, feitizos e bruxaría polo que foi represaliada duramente.[1] Foi queimada na fogueira.[2]
Recoñecementos
editarEn 2019, o concello de Pontevedra aprobou denominar tres rúas e un parque cos nomes de catro mulleres galegas: a profesora e intelectual represaliada polo franquismo, Ernestina Otero, a pioneira do taxi Dolores Trabado, a escritora María Vinyals e Vasquida García.[3]
A súa biografía foi recollida, xunto ás doutras mulleres vinculadas con Pontevedra, como María Vinyals, Virxinia Pereira Renda, Herminia Fariña Cobián, Josefina Arruti, Amalia Álvarez Gallego, Dores Calviño, Pilar Bértola, María Vitoria Moreno, Ernestina Otero ou Dores Trabado, na iniciativa impulsada polo concello A memoria das mulleres.[4] En 2022 foi novamente homenaxeada dentro desta iniciativa durante o evento A pegada da memoria das mulleres no espazo público.[4]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "La curandera acusada de estar casada con el demonio ya tiene calle en Pontevedra" (en castelán). 2022-11-08. Consultado o 2024-06-02.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Vasquida García". Consultado o 2024-06-02.
- ↑ "Ernestina Otero, Dolores Trabado, Vasquida García y María Vinyals: cuatro mujeres más en el callejero" (en castelán). 2019-01-22. Consultado o 2024-06-02.
- ↑ 4,0 4,1 "Pontevedra plasma en un plano «a pegada da memoria das mulleres no espazo público»" (en castelán). 2022-12-22. Consultado o 2024-06-02.