Vālmīki
(Redirección desde «Valmiki»)
Vālmīki (sánscrito en devanágari : वाल्मीकि, que significa « (Penitente) do formigueiro ») é un poeta indio lendario, nado hai sobre tres mil anos e autor segundo a tradición do Rāmāyana[1], que conta a epopea do príncipe Rāma cando partiu á procura de Sītā.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() |
Relixión | Hinduísmo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século II a. C. ![]() |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Esta obra monumental composta de non menos de 24000 estrofas de catro versos, é unha das xoias da literatura india antiga, co Mahābhārata. Porén adoita datarse este poema a principio da era cristiá; a súa atribución a Valmiki provén de elementos internos ao texto (máis precisamente dunha parte recente onde o poeta aparece como personaxe). A tradición atribúe a Valmiki a invención do metro épico (śloka)[2]. Un sobrenome seu é Adi kavi, o Primeiro poeta.
Notas
editar- ↑ Valmiki, Robert P. Goldman (1990). The Ramayana of Valmiki: An Epic of Ancient India 1. Princeton University Press. p. 14–15]. ISBN 0-691-01485-X.
- ↑ The Sanskrit Heritage Dictionary de Gérard Huet
A Galipedia ten un portal sobre: India |