Valgrande-Pajares

estación de esquí en Asturias, España

Valgrande-Pajares é unha estación de esquí situada na Cordilleira Cantábrica, no concello de Ḷḷena, no Principado de Asturias. Está situada no alto do porto de Payares, no límite da comunidade asturiana coa provincia de León, a 60 km de Oviedo e León, 75 km de Xixón e 90 km de Avilés.

Modelo:Xeografía físicaValgrande-Pajares
Imaxe
TipoEstación de esquí Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaḶḷena, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°58′42″N 5°46′31″O / 42.9783, -5.7753
CordilleiraCordal Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitudepunto máis alto: 1.890 m
punto máis baixo: 1.450 m Editar o valor en Wikidata

Sitio webvalgrande-pajares.com Editar o valor en Wikidata

Foi remodelada recentemente, mellorando os seus servizos e ampliando a superficie esquiable, permitindo a práctica de esquí alpino, esquí de fondo e snowboard. A zona esquiable atópase entre as ladeiras de Celleros, o Cuetu Riondu e Cuitu Negru.

A estación conta con 13 remontes, 5 telecadeiras (2 de catro prazas e 3 de dúas) ademais de 8 telesquís que dan unha capacidade de 10.200 esquiadores cada hora e 36 pistas balizadas. Ademais existe un circuíto de esquí de fondo.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar