Valcambi
Valcambi é unha compañía suíza dedicada á afinación de metais preciosos, con sede en Balerna, no cantón de Tesino.
Valcambi, S. A. | |
---|---|
![]() Lingote de ouro puro de Valcambi | |
Tipo | Sociedade anónima. |
Fundación | Maio de 1961 |
Matriz | Global Gold Refineries Ltd. |
Localización | ![]() ![]() ![]() |
Persoas clave | Presidente: Federico Domenghini.[1] |
Industria | Afinación e comercio de metais preciosos. |
Produtos | Metais preciosos. |
Número de empregados | 155 |
Na rede | |
http://www.valcambi.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A empresa é propiedade da compañía Global Gold Refineries Ltd., que pola súa banda está participada nun 95 % por REL Singapore PTE Ltd., de Singapur, e nun 5 % por Rajesh Exports Limited, da India.[2]
Valcambi é unha das plantas de afinación de metais preciosos máis grandes do mundo e a de maior produción mundial (2.000 toneladas anuais).[3] A compañía afina ouro, prata, platino e paladio en diversas formas, maioritariamente as barras e lingotes fundidos e cuñados, moedas cuñadas e outros produtos de fundición semiacabados.[4] Ademais, ofrece tamén servizos de ensaio, transporte e almacenaxe de metais preciosos.[5][6]
Historia
editarValcambi foi fundada en xuño de 1967 en Balerna, no cantón suízo de Tesino, por cinco socios procedentes da vila de Mendrisio, no mesmo cantón. O nome orxinal da compañía era Valori & Cambi SA, mais esta denominación cambiouse en xuño de 1967 a Valcambi SA, como combinación da ambas as palabras do nome primitivo.[7]
Ese mesmo 1967, o banco suízo Credit Suisse adquiriu o 50 % das accións de Valcambi, en 1968 outro 30 % e, finalmente, en 1980 o 20 % restante, ata se facer coa propiedade total da compañía.[7]
En decembro de 2003, a empresa estadounidense de minaría do ouro Newmont Mining (subsidiaria de Mitsubishi Corporation nos EEUU) e varios dos investidores orixinais de Valcambi estableceron unha empresa conxunta participada ao 50 %, chamada European Gold Refineries SA (EGR), e esta nova compañía comproulle a Credit Suissse a totalidade das accións de Valcambi.[7][8]
A corporación Mitsubishi International Corporation adquiriu en xullo de 2007 o 6,55 % das accións de EGR,[9] o que deixou a Newmont e o grupo de investidores suízos cunha participación do 46,725 % cada parte. En abril de 2008, Newmont comproulle a súa participación ao grupo de investidores e pasou a contar cun 56,67 % de participación en EGR, que chegou ata o 60 % a finais dese mesmo ano cando Mitsubishi lle vendeu o 6,55 % co que contaba.[7]
En xullo de 2015, a compañía india Rajesh Exports adquiriu European Gold Refineries SA (EGR), propietaria do 100 % de Valcambi SA. Como vehículo para levar a cabo esta adquisición, a compañía india creou en Suíza en 2017 a entidade Global Gold Refineries AG, rexistrada no cantón de Lucerna.[10] Esta operación estivo financiada parcialmente por Rajesh Exports e tamén pola concesión dun crédito de Credit Suisse.[7][11] [12][13]
Notas
editar- ↑ "Federico Domenghini - Non-Executive Director Chairman.". Sitio web de Valcambi.
- ↑ "Corporate structure Arquivado 01 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". Valcambi.com
- ↑ "At a glance". Sitio web de Valcambi.
- ↑ "Products and Metals Arquivado 08 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web de Valcambi.
- ↑ "Services". Sitio web de Valcambi.
- ↑ "The World’s largest Precious Metals Refineries". En Bullionstar.com. 19 de agosto de 2016.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Valcambi Refinery: History of Valcambi". En Bullionstar.com
- ↑ "Newmont Mining Corporation". US Securities and Exchange Commision.
- ↑ "Mitsubishi International Corporation to purchase Up to 33 % of Swiss precious metals Refining and Distribution Company Arquivado 10 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Mitsubishi International Corporation.
- ↑ "Registre du comerce: Global Gold Refineries AG". Registre du commerce du canton de Lucerne.
- ↑ Documento de adquisición de Valcambi. Rajesh Exports Ltd.
- ↑ "Swiss Gold Refineries and the sale of Valcambi". Bullionstar.com. 3 de xullo de 2015.
- ↑ "History Arquivado 08 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". Sitio web de Valcambi.