Vacas (filme)
Vacas é un filme dirixido por Julio Medem que se estreou en 1992. Protagonizada por Carmelo Gómez, Emma Suárez, Ana Torrent e Karra Elejalde. Conta a historia dunha inquietante saga familiar ambientada no País Vasco rural. O filme percorre a historia entrelazada de tres xeracións de dúas familias veciñas entre 1875 e 1936. É a primeira longametraxe de Julio Medem, coa cal gañou o Premio Goya ó mellor director novel en 1992. Contou na dirección artística coa colaboración do pintor Vicente Ameztoy.
Vacas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Julio Medem |
Produtor | Fernando Garcillán José Luis Olaizola |
Guión | Julio Medem Mikel Gaztambide |
Intérpretes | Carmelo Gómez Emma Suárez Ana Torrent Txema Blasco Kandido Uranga Clara Badiola Karra Elejalde Pilar Bardem Ramón Barea Miguel Ángel García Ane Sánchez |
Música | Alberto Iglesias |
Fotografía | Carles Gusi |
Montaxe | María Elena Sainz de Rozas |
Estrea | 1992 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Sinopse
editarÓ longo de tres xeracións, dúas familias dun pequeno val guipuscoano manteñen relacións tortuosas, marcadas pola violencia e as paixóns. A historia comeza en 1875. Nunha trincheira carlista, durante a guerra, un aizkolari logra salvar a vida manchándose co sangue dun dos mortos, e deixándose amontoar cos cadáveres. A presenza dunha vaca prodúcelle unha estraña sensación, que o obsesionará.
Personaxes
editar- Carmelo Gómez como Manuel/ Ignacio / Peru
- Emma Suárez como Cristina
- Ana Torrent como Catalina
- Karra Elejalde como Ilegorri / Lucas
- Txema Blasco como Manuel
- Kandido Uranga como Carmelo / Juan
- Klara Badiola como Madalen
- Pilar Bardem como Paulina