Víctor Omgbá
escritor galego de orixe camerunesa
Víctor Omgbá, nado en Nkongsamba en 1967, é un escritor e xornalista galego de orixe camerunesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1967 (57/58 anos) Nkongsamba, Camerún (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Traxectoria
editarEstudou dereito na Universidade de Yaoundé. En 1995 chegou a Europa e logo de pasar uns meses en Madrid estableceuse na cidade da Coruña. En 2001 publicou Calella sen saída, unha crónica novelada sobre a inmigración e parcialmente autobiográfica, ademais é a primeira obra publicada en galego por un autor afrogalego. En 2002 o seu libro traduciuse ao catalán.[1] É presidente da ONG Equuos Zebra e colabora en La Voz de Galicia.
Notas
editar- ↑ "Carreró sense sortida: el dilema d'un immigrant". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-04.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do autor Arquivado 16 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. na web de Editorial Galaxia.