Víctor Montoto Arias
político galego
Víctor Montoto Arias, nado en Betanzos e finado na mesma vila o 27 de xullo de 1932, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Betanzos, España ![]() |
Morte | 27 de xullo de 1932 ![]() |
![]() | |
1931 – 1932 (finado no cargo) ← Víctor Cancela Noguerol – José Novo Rodríguez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Traxectoria
editarPertencía a unha familia de raizame progresista e republicana, o seu pai, o avogado Salvador Montoto Varela, foi o primeiro alcalde de Betanzos na Revolución de 1868, e o segundo da Primeira República (1874); e o seu avó, o tamén avogado José Arias Uría, foi ministro con Espartero en 1856, e protagonista de todos os movementos revolucionarios de Betanzos entre 1820 e 1873. Víctor Montoto foi xefe local da ORGA de Betanzos e asistiu ao Pacto de Lestrobe. Foi elixido alcalde de Betanzos o 6 de xuño de 1931, aínda que xa daquela estaba enfermo, e permaneceu no cargo ata o seu falecemento en xullo do ano seguinte.
Predecesor: Víctor Cancela Noguerol |
Alcalde de Betanzos 1931 - 1932 |
Sucesor: José Novo Rodríguez |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Erias Martínez, Alfredo (2001). "Unha viaxe polo Betanzos dá Segunda República: proclamación, anticlericalismo e vinganza" (PDF). Anuario Brigantino (24): 291–376. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- Lagares Pérez, Antonio (1993). "A primeira Corporación Municipal da II República en Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino (16): 171–174. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- Sáez Baquedano, Mª Lucía (2001). "La proclamación de la II República en Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino (24): 283–290. Consultado o 12 de xullo de 2013.