Víctor Ledo Estévez

futbolista galego

Víctor Ledo Estévez, nado no barrio de Caranza (Ferrol) o 25 de xullo de 1937 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 2010, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de centrocampista.

Modelo:BiografíaVíctor Ledo Estévez
Biografía
Nacemento25 de xullo de 1937
Ferrol, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de febreiro de 2010 (72 anos)
País de nacionalidadeGalicia
Altura1,68 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Racing de Ferrol
  Deportivo da Coruña
  Elche CF

Traxectoria

editar

Comezou a xogar ao fútbol no Bertón de Caranza, equipo do seu barrio. Despois pasou por diversos equipos, Cervás SD Eumesa e Arsenal. Despois fichou polo CD Lugo onde só xogaría unha tempada antes de fichar polo Racing de Ferrol, onde xogou dúas tempadas. Despois fichou polo Deportivo da Coruña pero tralo ascenso do club a Primeira División foi traspasado ao CE Constància d'Inca en 1962 e despois ao Elche CF en 1964.

No ano 1965 volve ao Racing de Ferrol, onde permaneceu ata o remate da tempada 1973/74. Entre as dúas etapas militou no equipo de Ferrol trece tempadas, sendo o máximo goleador do equipo en moitas delas.

Retirouse do fútbol en activo nun encontro amigábel de homenaxe, entre o Racing de Ferrol e un equipo de antigos xogadores, coma Pedro Amado, Juan Fernández, Santiago Castro ou Fernández Amado. Coma recoñecemento tamén recibiu a Insignia de ouro do club no ano 2001[1].

Faleceu no ano 2010 con 72 anos, sendo o Vicepresidente da Asociación de veteranos do Racing e Arsenal[2].

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2014. 
  2. "Fallece el ex jugador del Racing Víctor Ledo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de febreiro de 2010.