Víctor Eimil
Víctor Eimil García, nado en Vilalba o 18 de xaneiro de 1999, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Real Unión, da Primeira División RFEF.
Nome orixinal | Víctor Eimil García |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de xaneiro de 1999 ![]() Vilalba, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Posición de xogo | Lateral dereito |
Traxectoria
editarComezou a xogar ao fútbol na canteira do Racing Vilalbés, onde tivo como adestrador a Paco Corredoira, técnico que deixou unha profunda pegada nel, especialmente trala morte de seu pai.[1] En segundo ano de cadete incorporouse ao Deportivo da Coruña, do que era afeccionado dende pequeno.[2]
No seu primeiro ano no Deportivo xogou como extremo xunto a Boedo e Mosquera, anotando máis de 20 goles cada un deles.[1] Con todo, na súa etapa no equipo xuvenil foi reconvertido como lateral dereito. En 2017 saíu cedido ao Laracha, club que en 2018 se converteu no segundo filial deportivista, e no que Eimil xogou durante dúas campañas en Terceira División. Na segunda delas disputou os seus primeiros partidos co Fabril, na Segunda División B, e no 2019/20 converteuse en xogador fabrilista a tódolos efectos, xa en Terceira, tralo descenso do filial na tempada anterior.
Entre 2020 e 2022 xogou no Arenteiro, proclamándose na súa primeira tempada campión da Terceira División e ascendendo así á Segunda División RFEF. Na 2021/22 foi titular na vitoria sobre a SD Logroñés na Copa do Rei e no histórico partido contra o Valencia no Espiñedo.[3][4] Disputou un total de 54 encontros co club do Carballiño, anotando 7 goles.
A continuación xogou un ano no Hércules, tamén de Segunda RFEF, xogando 24 partidos e marcando un gol. Para a tempada 2023/24 aceptou unha oferta do Real Unión, da Primeira División RFEF, equipo adestrado polo galego Fran Justo e onde coincidiu co tamén galego Antón Escobar.[5]
Palmarés
editar- Arenteiro
- Terceira División (1): 2020/21.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Foguete vilalbés dirección fútbol profesional". 18 de xullo de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Miranda, Carlos (31 de outubro de 2023). "Víctor Eimil: “En mi casa siempre hubo banderas, cuadros y tazas del Deportivo”". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Rodríguez, Luis M. (2 de decembro de 2021). "O Arenteiro apea ao Logroñés e soña cun Primeira en Espiñedo". La Voz de Galicia. Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Álvarez, Fernando (16 de decembro de 2021). "El Valencia sufre un tormento antes de tumbar a un inmenso Arenteiro". Marca (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.
- ↑ Pereira, Eder (4 de novembro de 2023). "El Real Unión más 'gallego'". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.