Deste xeito expoñen as súas tarefas ante unha audiencia global e poden sentirse máis responsables do traballo.[1][2][3]
A exposición e publicación do traballo pode aumentar a súa motivación.
O seu traballo poderá seguir mellorándose unha vez que a tarefa sexa completada, por outros usuarios da Galipedia ou por alumnos doutras promocións.
Reforzan a súa habilidade para pensar criticamente e avaliar fontes de información.
Tamén aprenden a traballar nun ambiente colaborativo.
Aprenden que non son só consumidores de información, senón que poden axudar a creala.
Esta actividade tamén os libera do rol pasivo que normalmente teñen nas aulas e mellora a súa autoestima.
Tamén esperta a curiosidade polo coñecemento, se os alumnos se afán a usar a Galipedia, é doado que algúns deles se enganchen a ler e amañar artigos, aprendendo moitas cousas novas.
Mellora a súa competencia dixital dentro das actividades de cada materia.
Axuda á interdisciplinariedade, xa que varias áreas poden traballar nun proxecto común.
Supón un aprendizaxe significativo porque a Galipedia non admite copias doutras fontes (libros de texto incluídos; o que si hai que facer é citar as fontes), polo tanto os alumnos teñen que redactar o tema coas súas palabras.
Melloran as súas habilidades na escrita.
Melloran o seu pensamento crítico.
Aprenden como referenciar e a usar fontes fiables correctamente.
Beneficios para a Galipedia
O proxecto medra e faise máis completo.
Máis xente adquire habilidades de edición e poden colaborar.
Máis xente obtén unha sólida comprensión da fiabilidade da Galipedia e pode utilizar o seu contido de forma máis segura.
Beneficios para os profesores
Outros editores da comunidade axúdanlles a guiar e/ou avaliar ós estudantes.
Configuración adicional do editor visual
Para que o editor visual permita modificar as páxinas de espazos de nomes diferentes do principal tedes que seguir estes pasos: