Usuario:Elisardojm/Nota prensa wikimaratón Vigo
O Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon) e a Galipedia organizan un wikimaratón en Vigo o próximo sábado 28 de febreiro de 2015. Trátase do primeiro wikimaratón da Galipedia en Vigo e terá como temática central o software libre e a cultura libre.
O wikimaratón comezará ás 10:00 na Residencia Altamar en Vigo e incluirá unha pequena sesión de introdución á edición da Galipedia despois da cal darase comezo á edición dos artigos por parte dos asistentes e dos colaboradores en liña.
Máis información na páxina do wikimaratón na Galipedia: https://gl.wiki.x.io/wiki/Wikipedia:Primeiro_editat%C3%B3n_en_Vigo
Enviámoslles esta nova porque consideramos que pode ser do seu interese e pedímoslles que a difundan nos seus medios. Se precisan máis información poden contactar comigo.
Saúdos,
Elisardo Juncal
Administrador da Galipedia