Urotsite na Blaga
filme de 2023 dirixido por Stephan Komandarev
Urotsite na Blaga (en búlgaro: Уроците на Блага) é un filme búlgaro de 2023 dirixido e producido por Stephan Komandarev, quen escribiu o guión xunto con Simeon Ventsislavov.[2] Está protagonizado por Eli Skorcheva como Blaga, unha mestre retirada de Shumen, quen lamenta a recente morte do seu marido e é vítima dunha estafa criminal mentres intenta reunir o diñeiro para pagar a súa lápida.[3]
Urotsite na Blaga | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Уроците на Блага |
Director | Stephan Komandarev |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Kalina Vasileva |
Fotografía | Vesselin Hristov |
Montaxe | Nina Altaparmakova |
Estudio |
|
Estrea | Karlovy Vary: 3 de xullo de 2023 |
Duración | 114 minutos |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Orzamento | 1,14 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Urotsite na Blaga estreouse na 57ª edición do Festival Internacional de Cinema de Karlovy Vary, onde gañou o Globo de Cristal ao mellor filme. Foi escollido como candidato de Bulgaria para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4] mais finalmente non foi nomeado.
Personaxes
editar- Eli Skorcheva como Blaga
- Stefan Denolyubov
- Ivaylo Hristov
- Ivan Barnev
- Gerasim Gerasimov
- Rozalia Abgarian
- Assen Blatechki
- Irini Zhambonas
Notas
editar- ↑ Dobroiu, Ștefan (27 de maio de 2021). "Stephan Komandarev to focus on Bulgaria's elderly in Blaga's Lessons". Cineuropa. Consultado o 15 de setembro de 2023.
- ↑ Wise, Damon (18 de xullo de 2023). "'Blaga's Lessons' Review: Brutal Drama Packs A Provocative Punch – Karlovy Vary Int'l Film Festival". Deadline Hollywood. Consultado o 13 de setembro de 2023.
- ↑ Lodge, Guy (5 de xullo de 2023). "'Blaga's Lessons' Review: A Victim Turns Venal In a Bitterly Potent Social Thriller From Bulgaria". Variety. Consultado o 13 de setembro de 2023.
- ↑ "Oscars: Bulgaria Selects Karlovy Vary Winner ‘Blaga’s Lessons’ For International Film Race". Deadline. 13 de setembro de 2023.