Urbano Ferreiroa
Urbano Ferreiroa Millán, nado en Navío (San Amaro) o 30 de setembro de 1845 e finado no mesmo concello o 21 de febreiro de 1901,[1] foi un presbítero e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de setembro de 1845 Navío, España |
Morte | 21 de febreiro de 1901 (55 anos) Navío, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, autor |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Ferreiroa (Urbano), p.137) |
Traxectoria
editarUrbano era fillo de José Ferreiroa Álvarez (morto en 1883[2]) e de Peregrina Millán Rodríguez (finada en 1904[3]). Tiña catro irmáns: Irene, Antonio, Félix e José.[4] Fixo os estudos medios no Instituto de Ourense e despois filosofía e teoloxía no Seminario Conciliar de San Fernando desa cidade. Ampliou os estudos eclesiásticos en Madrid e Roma. Doutorouse en Teoloxía e Dereito Canónico na diocese de Toledo. Regresou a Ourense e en 1870 fundou xunto con Venancio Moreno Pablos e Celedonio Osorio Lafuente o semanario La Nacionalidad. En 1878 viaxou a Roma, onde foi recibido en audiencia polo papa León XIII[5] (de quen se faría capelán ou camareiro) e onde moraría durante catro anos.[6] Relatou o encontro co pontífice na súa "Carta ao diario El Siglo Futuro" (22 de outubro de 1878), xornal para o que escribiría como correspondente en Roma.
Foi nomeado chantre da catedral de Valladolid en 1884[7] e en 1890 foi nomeado vicario capitular da arquidiocese de Valladolid.[8] No mesmo ano, debido a que "o clima de Valladolid non lle prestaba ao Sr. Ferreiroa", foi nomeado chantre da catedral de Valencia,[9] cargo do que tomou posesión o 25 de novembro de 1890.[10]
En Valencia fundou e dirixiu (con Luis Gestoso Acosta e Vicente Rocafull Vélez), entre 1893 e 1900, a revista Soluciones Católicas. Colaborou no periódico carlista El Siglo Futuro, en La Ilustración Católica, no diario católico-tradicionalista La Lealtad e no semanario hispano-americano Altar y Trono. Foi académico correspondente da Real Academia da Historia (1884), da Academia Filosófica de Santo Tomás de Boloña e da Academia de Arcades de Roma.[11][12] En 1897 León XIII nomeouno abreviador na Nunciatura Apostólica de Madrid.[13]
A súa obra máis ambiciosa é a Historia apologética de los Papas, na que se inclúe a "máis aceptábel biografía castelá" de Pío VII.[14] O primeiro tomo publicouse en 1886[15] e o décimo e último en 1900. Na súa época traduciuse ao italiano e posibelmente ao francés.[16] A pesar do título, a obra é máis "imparcial" que "apoloxética",[16] aínda que o autor, ante unha crítica de Marcelino Menéndez Pelayo, co que se carteou, arrepentiuse de ter usado o adxectivo "apoloxética".[17]
O estilo literario de Ferreiroa é "o máis parecido que en España existe ao de Salustio: elegantemente conciso".[18]
En 1886 fixo a primeira tradución do Magníficat ao galego, incluída en Magnificat in XL linguas versum et propriis caracteribus redditum et expressum, agasallo para o papa León XIII.[19]
Está enterrado no cemiterio da igrexa de San Fiz de Navío.[20]
Pensamento político e social
editarEn 1880 visitou as ruínas de Pompeia,[21] e plasmou as súas impresións desta visita no seu texto “Recuerdos de Nápoles V: Herculano y Pompeya”, no que condena o feito de que o esplendor da cidade estivese sustentado na corrupción e a explotación dos escravos no mundo antigo. Na mesma obra critica a situación de inferioridade na que se encontraba a muller, que equipara á escravitude: "a absurda mitoloxía, a triste e ignominiosa escravitude, a inferioridad na que era tida a muller e o malentendido patriotismo, que ao estado o sacrificaba todo".[22]
No seu artigo "Por Galicia" toma un posicionamento protogaleguista con respecto á cultura e á lingua galega. Despois de facer un repaso ás inxurias aos galegos na literatura española e europea, que utilizan "galego" como insulto, Ferreiroa reivindica a lingua galega, que "naceu e se perfeccionou antes que a castelá". Pero ese desprezo tamén se pode atopar nunha escritora galega como Emilia Pardo Bazán, quen afirma, segundo Ferreiroa, que "o chan galego se amosou estéril para a literatura nacional". Ferreiroa afirma que a lingua castelá foi "aceptada, nunca asimilada" en Galiza.[23]
Urbano Ferreiroa defendía a arbitraxe dos Papas, desde a Idade Media, entre "príncipes e pobos". Os Papas debían ser "pacificadores do mundo arruinado por guerras" e "defensores da xustiza pública" aos que debían estar sometidos "reis, príncipes e pobos". O Pontificado debía ser "un tribunal beneficioso para os pobos oprimidos e vexados" que podía excomungar os tiranos feudais e converter as igrexas en lugares de refuxio. Así mesmo defendía o celibato eclesiástico para que o sacerdocio non se convertese nunha casta.[24]
No seu artigo sobre Daniel O’Connell, O Libertador, escrito no centenario do seu nacemento, Ferreiroa defende a independencia dos irlandeses, pobres e católicos, e critica os "estranxeiros" protestantes e ricos (os británicos) que os explotan comercial e culturalmente.[25]
En 1870 fundou en Ourense, xunto con Venancio Moreno Pablos e Celedonio Osorio Lafuente, o semanario La Nacionalidad (subtitulado Periódico católico-monárquico), de carácter católico e carlista, no que escribiu os seus primeiros versos Emilia Pardo Bazán.[26] O seu poético canto á Virxe María publicado en 1866 en La Lealtad remata co seguinte manifesto político:
Hoxe a España de Fernando o Católico e Filipe II afúndese, arruínase, precipítase no abismo. Ai de vós os que sementades a desavinza e queredes descatolizarnos, e queredes afrancesarnos! O liberalismo é o raio que o queima todo. Arrebolará España á revolución, ao cataclismo.
Políticamente, estaba alineado co Partido Integrista (Católico Nacional), escindido do Carlismo.[27] Os seus adversarios ideolóxicos calificábano de "neo" ("neocatólico"), é dicir, promotor da doutrina que impulsaba a restauración das tradicións do catolicismo, e de "ultramontano", ou sexa que pretendía outorgarlle máis poder ao Papa. Ao estourar a terceira guerra carlista en 1872, o goberno perseguiu a prensa carlista, a consecuencia do cal Urbano Ferreiroa pasou varios meses na cadea.[28]
Ataques na prensa
editarFerreiroa foi albo das críticas do diario satírico El Solfeo (sobre todo a partir da publicación do seu artigo "La ciencia moderna"), tanto polas súas ideas conservadoras como polo prolífico da súa literatura: "Nos últimos días non escribiu ningún artigo o Sr. Ferreiroa. Temo que non estea moito tempo de parabéns a literatura".[29] Desde as súas páxinas, Leopoldo Alas "Clarín", que tiña trato con el ("O señor Ferreiroa, a quen eu atuaba, saiume cura"[30]), chamouno "aventaxado neo-católico" e "ignorante na materia filosófica", e mesmo desprezou a súa orixe galega ao dicir que o seu estilo era máis axeitado "ao chan que o viu nacer".[31]
Tras o falecemento de Ferreiroa, saíu unha nota satírica no diario republicano El País, na que dicían "alegrarse... polo sucesor [no cargo], enténdese", e afirmaba que a Igrexa "perde moi pouco" coa súa desaparición. A mesma nota describe a Ferreiroa como "un señor voluminoso, pouco favorecido pola natureza, nada simpático, pero moi cheo de pretensións, que pasou a vida sen facer un favor a ninguén, pretendéndoos el, e morto de ansias por ser bispo, o que afortunadamente non pudo conseguir. Críase escritor, orador e sabio, pero... dime do que presumes e direiche o que che falta; en ridículo si que se puxo infinitas veces. Quen sabe se a súa entrada no ceo terá causado unha explosión xeral de risos! Era o máis ao que podía aspirar."[32]
Obras
editarLibros
editar- La cuestión de Oriente (1877). Madrid: Imprenta de F. Maroto é Hijos. 13x19,5cm, 160 páxinas.
- León XIII y la situación del Pontificado (1878). Madrid: Librería Católica de San José (Imprenta de F. Maroto é Hijos). 11,5x18cm, 470 páxinas.
- Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual (1882). Barcelona: Imprenta de la Librería Religiosa. 12,5x19cm, 616 páxinas.
- La reforma protestante en Inglaterra. Panegírico de cinco mártires ingleses de la C. de J. (1888). Valladolid: Establecimiento Tipográfico de H. de J. Pastor. 18,5x26,5cm, 26 páxinas.
- Discurso pronunciado en las fiestas celebradas en el Seminario de Valladolid el día 15 de enero de 1888 para commemorar el quincuagésimo aniversario sacerdotal de León XIII (1888). Valladolid: Cuesta e Hijos. 26cm, 16 páxinas.[33]
- El primer perseguidor de los cristianos. (Escenas del primer siglo del cristianismo) (1893). Valencia: Imprenta de Federico Domenech. 14,5x22,5cm, 302 páxinas. (Novela histórica.)[34]
- La Tierra Santa. Su descripción y su portentosa historia (1896). Valencia: Juan Puig Editor (Imprenta, Litografía y Encuadernación de José Ortega). 18,5x28,5cm, 558 páxinas, 13 litografías a cor. Segunda edición (1898): Valencia: Establecimiento Tipográfico Domenech. Terceira edición (2017). A Coruña: Órbigo.[35]
- Historia apologética de los Papas desde San Pedro al Pontífice reinante (1886-1900). Valencia: Imprenta de Federico Domenech, Editor. 10 Tomos, 14,5x22cm. Tomo I: 312pp; Tomo II: 328pp; Tomo III: 290pp; Tomo IV: 400pp; Tomo V: 412pp; Tomo VI: 320pp; Tomo VII: 454pp; Tomo VIII: 398pp; Tomo IX: 380pp; Tomo X: 614pp.
Artigos, discursos e textos breves
editar- "María" (29 de maio de 1866). La Lealtad. Diario Religioso-Monárquico, pp. 3-4.
- "El poder de la Iglesia" (18 de xullo de 1871). Altar y Trono. Revista Hispano-Americana, pp. 125-126.
- "Daniel O´Connell" (agosto de 1875). El Siglo Futuro. Diario Católico.
- "La ciencia moderna" (8 de novembro de 1875). El Siglo Futuro. Diario Católico, p. 1.
- "Artículo bibliográfico (sobre La imitación de Cristo de Antolín Monescillo)" (27 de xullo de 1876). Boletín Oficial Eclesiástico del Obispado de Lugo, pp. 309-314.
- "España y Pío IX" (9 de novembro de 1876). Boletín Oficial Eclesiástico del Obispado de Lugo, pp. 462-467.
- "El cisma griego I-III" (1877). La Ciencia Cristiana. Revista Quincenal. Tomo I. Madrid, pp. 201-211; 316-329; 496-505.
- "Crónica de Roma" (7 de xaneiro de 1879). La Ilustración Católica, Madrid, pp 2-3.
- "Carta al director de El Siglo Futuro" (22 de outubro de 1878). El Siglo Futuro. Diario Católico, p. 1.
- "El mes de febrero en Roma" (7 de marzo de 1879). La Ilustración Católica, Madrid, pp. 2-3.
- "El mes de abril en Roma" (7 de maio de 1879). La Ilustración Católica, Madrid, pp. 2-3.
- "Crónica de Roma" (setembro 1879). La Ilustración Católica, Madrid.
- "Carta de Roma (a Sr. D. Ramón Nocedal)" (Febreiro 1880).
- "La fiesta de Santo Tomás" (10 de marzo de 1880). La Ilustración Popular Económica de Valencia, p. 124.
- "Discurso pronunciado en Roma por D. Urbano Ferreiroa en la reunión verificada el día 6 del presente mes en el palacio Altemps" (28 de marzo de 1880) . La Ilustración Gallega y Asturiana, pp. 118-119.
- “Recuerdos de Nápoles V: Herculano y Pompeya” (7 de abril de 1880). El Siglo Futuro. Diario Católico, p. 1.
- "Recuerdos de Nápoles VI: El museo de Nápoles" (14 de abril de 1880). El Siglo Futuro. Diario Católico, p. 1.
- "Crónica de Roma" (14 de xuño de 1880). La Ilustración Católica, Madrid, pp. 366-367.
- "Crónica" (17 de xuño de 1880). Revista religiosa de El Siglo Futuro, Tomo II, pp. 617-627.
- "Discurso pronunciado por D. Urbano Ferreiroa en la reunión de Oradores Sagrados, verificada en la Sala del Vicariato de Roma el día 6 de este mes" (12 de xullo de 1880). El Siglo Futuro. Diario Católico. p. 1.
- "Revista de Roma" (14 de xullo de 1880). La Ilustración Católica, Madrid, pp. 10-11.
- "Fundación de Roma por Rómulo" (10 de agosto de 1880). El Siglo Futuro. Diario Católico.[36]
- "Crónica de Roma" (14 de setembro de 1880). La Ilustración Católica, Madrid. pp. 74-75.
- "Crónica de Roma" (7 de outubro de 1880). La Ilustración Católica, Madrid, pp. 98-99.
- "Crónica de Roma" (14 de novembro de 1880). La Ilustración Católica, Madrid, pp, 138-139.
- "Monumentos artísticos de Roma. La casa del senador Pudente" (17 de xaneiro de 1881). Asta Régia. Revista Semanal. Relligiosa, científica, literaria y artística, pp. 5-7.
- "Rectificaciones Históricas. El Papa Alejandro VI" (1881). El Siglo Futuro, Tomo III, pp. 31-36; 148-161; 255-261; 363-377; 528-538; 616-625.
- "El Sumo Pontífice Juan VIII" (1881). Revista religiosa de El Siglo Futuro, Tomo III, pp. 738-750; 892-897; 1012-1024; 1147-1154; 1202-1209; 1248-1260. Tomo IV (1882), pp. 36-38; 146-147.
- "El Sumo pontífice Alejandro VI" (1881). Revista religiosa de El Siglo Futuro, Tomo III, pp. 1063-1072; 1100-1102.
- "Respuesta del Padre Cornoldi al escrito intitulado Leon XIII y el gobierno italiano, de Bonghi" (1882). El Siglo Futuro, Tomo IV, pp. 148-163.
- "Biografías de los Papas, desde San Pedro hasta el Pontífice actual" (1882). Revista religiosa de El Siglo Futuro, Tomo V, pp. 113-121; 242-249; 301-315; 373-380; 408-416; 478-483; 537-547.
- "Discurso leído en la Universidad Central en el acto de la Solemne inanguración del curso acndémico de 1883 á 1884, por el doctor D. Francisco Javier de Castro y Pérez, catedrático de Terapéutica y Materia médica" (15 de outubro de 1883). La Ciencia Cristiana, pp. 422-425.
- "These para o concurso a cadeira de Latim no imperial Collegio de Pedro II, por Aureliano Pereira Correa Ptmentel, cavalleiro da orden de N. S. Jesus Christo" (1884). La Ciencia Cristiana, Tomo III, pp. 81-85.
- "Theologia moralis. Auctore Augustino Lehmkul, societatis Jesu Sacerdote" (1884). La Ciencia Cristiana, Tomo III, pp. 151-154.
- "Prólogo preliminar" a J. S. (Salaberry). El colegial de la Compañía de Jesús, o sea el modelo del joven escolar, según se desprende de las consideraciones hechas en la vida practica (1889). Valladolid: Cuesta.
- "El dia 7 de Marzo en Roma (Carta al Sr. D. Juan Manuel Orti y Lara)" (marzo 1889). La Ciencia Cristiana. Revista Quincenal. Tomo XIII. Madrid, pp. 479-480.
- "«Las grandezas del Pontificado y bienes que trajo al mundo» (Discurso pronunciado en la sesión sexta del Congreso Católico)" (2 de maio de 1889). La Unión Católica. Diario religioso, político y literario, Madrid, pp. 1-2.
- "Por Galicia" (abril de 1893). Galicia. Revista regional, nº 10, pp. 577-583.
- "Discurso pronunciado por el Doctor Don Urbano Ferreiroa Dignidad de Chantre de la Santa Basílica Metropolitana de Valencia en el acto del descubrimiento de la estatua de Calixto III en la ciudad de Játiva el día 24 de octubre del corriente año" (1896). Valencia: Imprenta de Federico Doménech.
- "La Iglesia y el Pontificado. Discurso pronunciado en la Juventud Católica de Valencia al inaugurarse la Sección de «Apología de la Iglesia y el Pontificado»" (11 de decembro de 1896). La Unión Católica, p. 2.
- "Roma. Santa Inés y otros monumentos de la via Nomentana" (21 de febreiro de 1902). El Miño. Diario liberal, p. 1.
Noutros medios
editar- O filme La Tierra Santa (Alberte Pagán, 2016), rodado en Myanmar, que consiste na refilmación das imaxes proxectadas sobre os lombos dos libros de Urbano Ferreiroa, utiliza como banda sonora o texto "Por Galicia".[37]
Notas
editar- ↑ Revista de Archivos, Bibliotecas y Museos (febreiro e marzo de 1901), p. 175.
- ↑ La Unión (19 de abril de 1883). Madrid, p. 3.
- ↑ La Correspondencia Gallega. Diario de Pontevedra (28 de decembro de 1904). Ano XVI Número 4469, p. 3.
- ↑ "Primer aniversario" (20 de febreiro de 1902). El Miño. Diario liberal, p.
- ↑ La Iberia. Diario Liberal (23 de outubro de 1878), p. 3.
- ↑ "La Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual" (5 de novembro de 1882). La Ilustración Católica, p. 152.
- ↑ El Imparcial (26 de febreiro de 1884).
- ↑ La Unión Católica (30 de xaneiro de 1890), p. 3.
- ↑ La Unnión Católica (8 de marzo de 1890), p. 1.
- ↑ "Urbano Ferreiroa Millán". Archivo Catedral de Valencia.
- ↑ Ossorio y Bernard, Manuel (1903). Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX. Madrid: Imprenta y litografía de J. Palacios. p. 137.
- ↑ Eiján Lorenzo, Samuel (1920). Historia de Ribadavia y sus alrededores, Madrid: Establecimiento Tipográfico de San Bernardo, p. 620.
- ↑ La Unión Católica (18 de maio de 1897), p. 2.
- ↑ Pacheco y de Leyva, Enrique (1915). La intervención de Floridablanca en la redacción del Breve para la supresión de los jesuitas (1772-1773). p. 37.
- ↑ La Unión (10 de outubro de 1886).
- ↑ 16,0 16,1 P. [Pérez] Villamil, Manuel (29 de marzo de 1900). "Monumento español a las glorias del pontificado". La lectura dominical. p. 266.
- ↑ Carta de Urbano Ferreiroa a Marcelino Menéndez Pelayo (30 de xullo de 1897).
- ↑ Marín del Campo, J. (19 de marzo de 1925).
- ↑ Ferro Ruibal (2006), p. 13.
- ↑ Vázquez Núñez, Arturo (1907). "Iglesias románicas de la provincia de Orense". Boletín de la Real Academia de la Historia, Tomo 50, p. 221.
- ↑ Romero Recio, M. (2012). “Turistas. Españoles en Pompeya”, en Ecos de un descubrimiento. Viajeros españoles en Pompeya (1748-1936), Madrid: Ediciones Polifemo.
- ↑ Romero Recio, Mirella (2018). "Algunas interpretaciones sobre la esclavitud antigua en la historiografía decimonónica española". Habis nº 49, Universidad de Sevilla, p, 262.
- ↑ Ferreiroa, Urbano (1893). "Por Galicia", pp 580-581).
- ↑ Ramón Solans, Francisco Javier (2021). "Una utopía ultramontana. El papa como árbitro internacional de la paz en el siglo XIX". Pasado y Memoria. Revista de Historia Contemporánea, nº 23, Universidad de Zaragoza, pp. 127-128.
- ↑ "Daniel O'Connell". La Esperanza. Periódico católico-monárquico. 6 de agosto de 2022.
- ↑ Altabella, José (14 de febreiro de 1960). "Notas para una historia de la prensa en Orense", La Región, p. 19.
- ↑ Ferrer, Melchor (1959). Historia del tradicionalismo español, Tomo XXVIII, vol. II, Documentos. Sevilla: Editorial Católica Española, p. 276.
- ↑ Melgar, Francisco (25 de febreiro de 1927). "Antes de la guerra. Primera entrevista con Don Carlos", El Universo, Madrid, p. 6.
- ↑ El Solfeo (26 de novembro de 1875, p. 4).
- ↑ Sotelo, Adolfo (2009). "Marcelino Menéndez Pelayo y Leopoldo Alas 'Clarín'”, en Raquel Gutiérrez Sebastián e Borja Rodríguez Gutiérrez (eds.). Menéndez Pelayo y la novela del Siglo XIX, Santander: Real Sociedad Menéndez Pelayo, p. 134.
- ↑ Clarín [Leopoldo Alas] (10 de novembro de 1875). "Palique". El Solfeo, p. 1.
- ↑ "Gangas clericales" (2 de marzo de 1901). El País. Diario republicano, p. 3.
- ↑ "Discurso pronunciado en las fiestas celebradas en el Seminario de Valladolid el día 15 de enero de 1888 para commemorar el quincuagésimo aniversario sacerdotal de León XIII". Catálogo Colectivo de las Bibliotecas Agustinianas. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 28 de maio de 2024.
- ↑ A páxina frontal (de rostro) da edición de tapa dura constata a data de 1893, pero o "Dictamen del censor eclesiástico" impreso na última páxina está datado en 1895. No lombo desta edición aparece o título "El primer perseguidor de la Iglesia". Existe unha reimpresión en tapa branda retitulada Nerón. El primer perseguidor de los cristianos. (Escenas del primer siglo del cristianismo) e datada en 1895.
- ↑ "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2024-05-25.
- ↑ Sevilla Fernández, José M. (setembro-decembro de 2019). "«Aludir con la palabra Vico». Nuevas ráfagas viquianas en la prensa periódica española durante el sexenio revolucionario (1868-1874) y la restauración alfonsina (1874-1885)", Bollettino della Società Filosofica Italiana, Carocci Editore, p. 42.
- ↑ "superfícies - la tierra santa (biblioteca) (Alberte Pagán, 2016)". Vimeo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Osorio, Celedonio (10 de marzo de 1878). "La cuestión de Oriente". El Heraldo Gallego. Semanario de ciencias, artes y literatura, pp. 110-111.
- "La Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual" (1882). La Ciencia Cristiana. Revista Quincenal. Tomo XXII. Madrid: Tipografía Gutenberg, pp. 537-542.
- "La Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual" (31 de marzo de 1882). El Siglo Futuro, p. 1.
- "Libros útiles" (1 de outubro de 1882). Rigoleto, Madrid, p. 4.
- "La Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual" (2 de outubro de 1882). El Día. Suplemento Literario.
- "La Transformación de la Roma pagana estudiada en la Roma actual" (5 de novembro de 1882). La Ilustración Católica, p. 152.
- "Bibliografía" (22 de outubro de 1886). La Hormiga de Oro, p. 685.
- "Congreso Católico. Sexta sesión" (6 de maio de 1889). El Lucense. Diario católico de la tarde, p. 1.
- Das Silveiras, Xan (19 de decembro de 1897). "El despacho de Ferreiroa", Revista Gallega. Semanario de literatura e intereses regionales, pp. 3-4. Tamén publicado na Habana en El eco de Galicia. Revista semanal de ciencias, arte y literatura (12 de febreiro de 1898), pp. 4-5.
- "Una novela histórica. Nerón" (15 de marzo de 1895). La Unión Católica, p. 1.
- "Bibliografía" (reseña de Nerón) (30 de xaneiro de 1895). El diario de Galicia. Periódico católico e independiente, p. 3.
- "Discurso pronunciado por el doctor D. Urbano Ferreiroa en la Academia de la Juventud Católica de Valencia al inagurarse allí la sección de Apología de la Iglesia y del Pontificado" (29 de novembro de 1896).
- P. [Pérez] Villamil, Manuel (29 de abril de 1900). "Monumento español a las glorias del Pontificado". La Lectura Dominical, p. 266.
- "El Sr. Ferreiroa" (necrolóxica) (2 de marzo de 1901). El Siglo Futuro, p. 3.
- "D. Urbano Ferreiroa Millán" (nota necrolóxica) (setembro de 1901). Galicia Histórica, p. 128.
- Marín del Campo, J. (19 de marzo de 1925). "Don Urbano Ferreiroa y Don José Fernández". El Siglo Futuro, p. 6.
- Couceiro (21 de febreiro de 1950). "En Galicia, tal día como hoy...". La Noche, p. 1.
- Cid Rumbao, A. (28 de agosto de 1960). "Un orensano universal", La Región, pp. 7,11.
- Ferro Ruibal, Xesús (2006). "A primeira tradución do Magnificat ao galego". Cadernos de Lingua (28): 5-24.
Ligazóns externas
editar- Urbano Ferreiroa Millán por Francisco Lorenzo Amil na Real Academia de la Historia
- Personajes destacados: Urbano Ferreiroa Millán no Arquivo da Catedral de Valencia
- Nota necrolóxica
- Fundación D. Urbano Ferreiroa Millán en FaceBook