Universal Studios Hollywood

Universal Studios Hollywood é un parque temático dos EUA, situado no Val de San Fernando, Os Ánxeles, California. É o primeiro parque temático da produtora de cine e promotora de parques temáticos globais Universal Studios. O parque foi inicialmente deseñado só como un centro de visitantes para os seus estudios profesionais de cine e decorados reais usados en películas e series da firma. Co paso dos anos o parque comezou a inaugurar atraccións e áreas temáticas ata acadar os 9,6 millóns de visitantes, o parque foi o 8° parque temático máis visitado de América do Norte en 2023[1].O parque tamén é popularmente coñecido en California como "The Entertainment Capital of LA".

Universal Studios Hollywood
Coordenadas34°08′09″N 118°21′14″O / 34.13585556, -118.3539
editar datos en Wikidata ]

O Parque

editar
 
Área da franquía Mario Bros.

Universal Studios Hollywood ten unha división principal por alturas: a planta ou lote superior e o lote inferior. Ambos están conectados pola construción dunhas escaleiras mecánicas que ata a construción das escaleiras Umeda Sky Building en Osaka, mativeron o récord das máis grandes e altas do mundo, que se estenden en tres paradas principais.

Lote Superior

editar
Atraccións
  • The Simpsons Ride
  • Harry Potter and the Forbidden Journey
  • The Wizarding World of Harry Potter
  • Flight of the Hippogriff
  • WaterWorld
  • Universal’s Animal Actors
  • Special Effects Stage
  • The Blues Brothers

Lote Inferior

editar
Atraccións
  • Transformers the Ride 3D
  • Revenge of the Mummy
  • Jurassic Park – The Ride
  • Mario Kart: Bowser's Challenge

Studio Tour

editar
 
A casa de Psicose durante o percorrido do Studio Tour
 
Delorean de Back to the Future, xullo de 2024

O Studio Tour é unha atracción con cola e acceso idénticas ao resto das do parque. Buses con remolques de pasaxeiros acoplados inician unha viaxe de 45 minutos polo lote dianteiro e polo lote traseiro do parque. Ademais dalgúns platós orixinais, os visitantes tamén poden ver gravacións en directo, actores e profesionais do audiovisual durante o seu traballo diario. A ruta amplíase e cámbiase regularmente para mostrar as películas actuais de Universal. En 2010 ampliouse con King Kong 360-3D, visita ao set da película combinado coa entrada a un túnel industrial con pantallas 3D na que todo o autobús sube a un escenario móbil para a simulación de movemento, sincronizado coa imaxe. O tren parece estar viaxando por unha selva e atopa dinosauros e a King Kong na adaptación cinematográfica de Peter Jackson. Ata 2011, Whoopi Goldberg acompañou aos convidados polo estudio a través de vídeo que se reproducía dentro do autobús durante a ruta, antes de que as secuencias fosen substituídas por novo material con Jimmy Fallon. En 2016, o Studio Tour ampliouse para incluír o espectáculo de acción en 3D Fast & Furios - Supercharged, con tecnoloxía similar á de King Kong.

Sets do percorrido

editar

Durante o percorrido os coches percorren algúns platós de rodaxe. Entre outros, estes son: