Unitat Catalana
Unitat Catalana é un movemento político catalán de dereita que ten como obxectivo o recoñecemento e o respecto da nación e cultura catalás no seu territorio catalán, Cataluña Norte, correspondente, practicamente, ó departamento dos Pireneos Orientais.
Unitat Catalana | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Catalanismo |
Data de fundación | 1986 |
Presidente/a | Jaume Roure (en) ![]() ![]() Brice Lafontaine (2013-2016)
Jaume Roure (2003-2013) Jaume Pol (2001-2003) Llorenç Planes (1989-2001) Andreu Barrere (1986-1989) Mateu Pons (-) |
Secretario/a | Jaume Pol, Brice Lafontaine e Enric Balaguer Iglesias |
País | Francia |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Caracaterísticas
editarConta con bastantes concelleiros[Cómpre referencia], particularmente en Perpiñán, onde é un dos compoñentes da maioría municipal onde o alcalde é Jean-Paul Alduy, membro da UMP e do Partido Radical.
Reivindica a pertenza de Cataluña Norte a unha comunidade máis grande: a nación catalá, constituída polos Países Cataláns. Ten boas relacións co primeiro partido da Cataluña do estado español Convergencia i Unió dirixido por Artur Mas i Gavaró. O presidente de Unitat Catalana é Jaume Roure, alcalde-adxunto delegado ós asuntos cataláns da cidade de Perpiñán.
O partido é membro de Alianza Libre Europea.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- «Què és Unitat Catalana?», Cercle Alfons Mias, Sant Genis de Fontanes, 2002.