Unidade da Esquerda Galega
Unidade da Esquerda Galega é unha forza política galega cuxo ámbito de actuación é Galicia. Formouse o 14 de outubro de 1994 con antigos militantes do POG, Unidade Galega, PSG-EG e persoas independentes. O partido refundouse en 2006 da man de Lois Pérez Leira[1] para se presentar as eleccións municipais de 2007 en Vigo, o que fixo xunto con Nós-UP formando a candidatura Vigo de Esquerdas, que tivo o 0.21% dos votos [2]. O partido volveu reactivarse a comezos de 2012 cando varios militantes do PSdeG-PSOE da zona de Vigo deixaron o partido e entraron na organización. En xuño de 2012 celebrou unha conferencia política e anunciou a súa entrada en Máis Galiza [3]. Os seus máximo dirixentes foron Óscar Lomba Álvarez e Marcial Amadeo Martínez, ex-concelleiro do PSG-EG en Vigo. Tiña militantes en Anova e outros en Compromiso por Galicia ata que en 2013 o sector integrado en Anova formou cos militantes de Nova Esquerda Socialista un novo partido Nova Esquerda Galega.[4]
Unidade da Esquerda Galega | |
---|---|
Partido político de Galicia | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Marcial Amadeo Martínez (Presidente-Fundador e Secretario de Organización) Óscar Lomba Álvarez (Secretario Xeral) |
Historia | |
Fundación | 1994 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Esquerda altermundismo ecoloxismo feminismo galeguismo |
Na rede | |
http://www.unidadedaesquerdagalega.org/ | |
Notas
editar- ↑ "Unidade da Esquerda Galega nace en Vigo para extenderse. La Voz de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 13 de abril de 2012.
- ↑ Os problemas e retos de Caballero, Corina e Domínguez. Galicia Confidencial
- ↑ "Ex-militantes do PSdeG entran en Máis Galiza. Sermos Galiza". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2012.
- ↑ "Anova xa conta con outro colectivo organizado "transformador e revolucionario" Galicia Confidencial, 26 de marzo de 2013