Unicornibot
Unicornibot foi unha banda galega de math rock instrumental procedente de Pontevedra e formada no ano 2008. O grupo separaríase en decembro do ano 2014 tras editar tres álbums de estudio, Hare Krishna (2010), Dalle! (2012) e Mambotron (2013).
Unicornibot | |
---|---|
![]() Derradeiro concerto de Unicornibot no Liceo Mutante | |
Orixe | Pontevedra, Galiza ![]() |
Período | 2008 - 2014 |
Xénero(s) | math rock |
Selo(s) discográfico(s) | Matapadre |
Membros | Gayoso (guitarra) Toño (baixo) Gon (guitarra) Guille (batería) |
Artistas relacionados | diola |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/5/5d/Unicornibot_2009.jpg/220px-Unicornibot_2009.jpg)
Traxectoria
editarNo mes de febreiro de 2010 a banda gravou o seu álbum de estrea, Hare Krishna, no estudio Brazil en Rivas-Vaciamadrid con Javier Ortiz. O disco foi masterizado no estudio Chicago Mastering Service por Bob Weston, o baixista de Shellac.[1] A banda autoeditaría Hare Krishna o 1 de xullo dese ano.
O seu segundo traballo, Dalle!, foi gravado ao vivo novamente por Javier Ortiz no estudio Brazil e sería lanzado a través do selo galego Matapadre o 15 de marzo do ano 2012. O álbum foi masterizado no estudio Golden Mastering, en Ventura, California.[2] Tras a publicación de Dalle!, Unicornibot tocou no festival catalán Primavera Sound e realizou pequenas xiras que levarían á banda, ademais de a varias cidades españolas, a Francia e a Portugal.
Mambotron sería o seu terceiro disco, gravado en maio de 2013 novamente no estudio Brazil. Tamén masterizado en Golden Mastering, sería publicado o 11 de setembro dese mesmo ano por Matapadre.[3]
O 4 de decembro do ano 2014 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que se tomaría "un descanso sen data de retorno".[4] Unicornibot realizou o seu derradeiro concerto no Liceo Mutante de Pontevedra o día 26 de decembro dese ano.
Pouco despois da disolución de Unicornibot, Toño, Gon e Gayoso volverían a xuntarse para formar unha nova banda, diola,[5] publicando o EP eh! de catro temas en setembro de 2015.[6]
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Hare Krishna | 2010 | autoeditado |
Dalle! | 2012 | Matapadre |
Mambotron | 2013 | Matapadre |
Notas
editar- ↑ Información de Hare Krishna no Bandcamp da banda
- ↑ Información de Dalle! no Bandcamp da banda
- ↑ Información de Mambotron no Bandcamp da banda
- ↑ Facebook de Unicornibot (ed.). "Nota de despedida da banda". Consultado o 4 de xaneiro de 2015.
- ↑ Metamovida (ed.). "diola en Metamovida.org". Consultado o 27 de febreiro de 2016.
- ↑ Bandcamp (ed.). "eh! no Bandcamp de diola". Consultado o 27 de febreiro de 2016.