Unión Vecinal de Trinidad
A Unión Vecinal de Trinidad, alcumado El Comunitario, é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Rawson, San Juan (Arxentina). A entidade foi fundada o 4 de abril de 1935, aínda que as actividades de hóckey a patíns non comezaron ata 1974. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns arxentino, a Liga Nacional A1, competición que gañou en 3 ocasións. Trátase do único equipo arxentino que conta cun título da Copa Intercontinental, conseguido en 1986 tras derrotar ao FC Barcelona en dobre partido por 5-3 e 5-4, sendo os dous marcadores favorables aos comunitarios. Conta con equipos nas categorías masculina e feminina.
UVT | |
---|---|
Cidade | San Juan de la Frontera, ![]() |
Fundado | 4 de abril de 19351974 a sección de hóckey a patíns |
Presidente | Juan Luis Molina (entidade) Raúl Monserrat (subcomisión de hóckey) |
Adestrador | Eduardo Quiroga |
Competición | Liga Nacional A1 |
Títulos | |
Campionato Sudamericano | 6 (1984, 1987, 1990, 1997, 1998 e 2004) |
Liga Nacional A1 | 3 (1995, 2002 e 2003) |
Campionatos de San Juan | 9 (1983, 1984, 1985, 1986, 1989, 1990, 1993, 1994 e 1995) |
Copa Intercontinental | 1 (1986) |
Cores | Vermello e azul |
Palmarés
editar- 3 Liga Nacional A1: 1995, 2002 e 2003
- 6 Campionato Sudamericano: 1984, 1987, 1990, 1997, 1998 e 2004
- 9 Campionatos de San Juan: 1983, 1984, 1985, 1986, 1989, 1990, 1993, 1994 e 1995
- 1 Copa Intercontinental: 1986
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |