Unión Nacional Española
partido político español
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
A Unión Nacional Española (UNE) foi un partido político español tradicionalista de filiación carlista que apoiaba o nomeamento de Xoán Carlos I como sucesor de Francisco Franco Bahamonde dentro dos principios fundamentais do Movemento.
Formárono en 1974 os antigos dirixentes carlistas Antonio de Oriol, José Luis Zamanillo, José María Valiente e Miguel Fagoaga e posteriormente integrouse o exministro franquista Gonzalo Fernández de la Mora que se converteu no seu líder. En Galicia tiña como principal dirixente a Bernardo Carrera.
Foi un dos partidos que deu orixe a Alianza Popular en 1976 e desapareceu oficialmente en maio de 1977.