Unha noite non é nada
Unha noite non é nada é o terceiro álbum musical do grupo Treixadura. Dos recoñecidos traballos de Perfecto Feijoo, Faustino Santalices ou Casto Sampedro, Treixadura toma varios temas como "A Chula de Pontevedra", "Unha Noite non é Nada", "Xota Vella" e "Aires da Terra". Tamén ofrece dous temas da súa feitura que son a "Polca da Porteliña" e "Xiada". Con este traballo pretenden reivindicar a transmisión das melodías e do patrimonio cultural galego a través de séculos de historia. Como colaboradores especiais, contou co conxunto Orfeón Treixadura.
Unha noite non é nada | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Treixadura | ||||
Publicado | 2003 | |||
Gravación | novembro - decembro 2001 | |||
Estudio(s) | As Galesas, Outes Galicia | |||
Xénero(s) | Música galega | |||
Selo(s) | Edicións do Cumio | |||
Produtor | Rodrigo Romaní | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Listaxe de cancións
editar- "A chula de Pontevedra (I)/A chula de Pontevedra (II)"
- "Unha noite non é nada (I)/Unha noite non é nada (II)"
- "Cacería en Do Maior (I)/Cacería en Do Maior (II)"
- "A Mazá Gardada"
- "Aires da terra"
- "Polca da porteliña "
- "Xiada"
- "Os amigos"
- "Pandeiretada (I)/Pandeiretada (II)"
- "Melide"
- "Xota vella"