Unha muller invisible

filme de 2007 dirixido por Gerardo Herrero

Unha muller invisible (en castelán: Una mujer invisible) é unha longametraxe dirixida por Gerardo Herrero e protagonizada por María Bouzas, Adolfo Fernández e María Salgueiro entre outros. Trátase dunha coprodución galega rodada na Coruña en lingua castelá que se estreou a nivel nacional o 25 de maio de 2007.

Unha muller invisible
Ficha técnica
Título orixinalUna mujer invisible
DirectorGerardo Herrero
ProdutorPancho Casal, Rosalía Mera
GuiónBelén Gopegui
IntérpretesMaría Bouzas, Adolfo Fernández, Nuria Gago, María Salgueiro, Ricardo Birnbaum, Tamar Novas, Carlos Blanco
MúsicaLucio Godoy
FotografíaAlfredo Mayo
MontaxeBerta Frías
EstudioContinental Producciones, Milou Films, Tornasol Films
DistribuidoraCinemax
Estrea25 de maio de 2007
Duración96 minutos
OrixeGalicia Galicia
Xénerodrama
Na rede
IMDB: tt0896951 Filmaffinity: 220306 Rottentomatoes: m/una_mujer_invisible TCM: 684987 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Luisa (María Bouzas) ten 47 anos e séntese invisible. A xente non escoita o que di nin lle presta atención. Vive soa, o seu marido deixouna e a súa filla estuda fóra. Un día nunha festa encóntrase con Jorge (Adolfo Fernández), que a ignora igual que os demais. Entón aposta con Marina (Nuria Gago) que logrará seducilo.

Elenco

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar