Un tranvía cara a SP
Un tranvía cara a SP é unha novela do escritor biscaíño Unai Elorriaga, publicada no ano 2002 en lingua éuscara co título orixinal de SPrako tranbia. Recibiu o Premio Nacional de Narrativa.
Un tranvía cara a SP | |
---|---|
Título orixinal | SPrako tranbia |
Autor/a | Unai Elorriaga |
Cuberta | Pierre-Auguste Renoir (edición galega) |
Orixe | País Vasco |
Lingua | éuscaro |
Colección | Literaria |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Elkar Editorial Galaxia |
Data de pub. | 2001 |
ISBN | 978-84-8288-590-1 |
Premios | |
Tradución | Ramón Loureiro |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trama
editarLucas é un home maior e enfermo, ingresado nun hospital. A súa irmá María coida del. Ao regresaren ao seu piso, atopan que nel se instalou Marcos, un rapaz que toca a guitarra, mais non lles importa e deixan que siga a vivir alí. Despois Marcos comeza a saír con Roma, unha rapaza que tamén acaba coidando de Lucas.
A Lucas gústalle recordar os tempos en que había tranvía, cando traballaba de carpinteiro e cando vivía a súa muller Rosa e os seus amigos. Gústalle ver deporte por televisión, e adora saber do alpinismo, especialmente o cumio do Shisha Pangma.
Traducións e adaptacións
editarFoi traducido ao castelán polo propio autor, e ao galego por Ramón Loureiro, e publicada por Editorial Galaxia en decembro de 2002[1]. Tamén foi traducida ao italiano (Un tram a SP), alemán (Lucas oder Der Himmel über Nepal), serbio (Tramvaj za S.P.) e estoniano (Tramm Šiša Pangmale).
Foi adaptada ao cinema en 2008 polo director Aitzol Aramaio co título de Un poco de chocolate.[2]
Notas
editar- ↑ Un tranvía cara a SP, ficha na web de Galaxia.
- ↑
- Un poco de chocolate en FilmAffinity (en castelán).