Un milleiro de soles espléndidos
Un milleiro de soles espléndidos[1] (en inglés: A Thousand Splendid Suns) é unha novela do escritor afgán Khaled Hosseini, publicada en 2007. É a súa segunda novela, despois do seu debut en 2003 con O cazador de papaventos. Mariam é unha filla ilexítima, e sofre tanto o estigma que rodea o seu nacemento como o abuso que ó que se enfronta despois do seu matrimonio. Laila, nada unha xeración despois, é en comparanza unha privilexiada durante a súa xuventude. As súas vidas crúzanse cando se ve obrigada a aceptar unha proposta de matrimonio de Rasheed, o esposo de Mariam.
Un milleiro de soles espléndidos | |
---|---|
Título orixinal | A Thousand Splendid Suns |
Autor/a | Khaled Hosseini |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Riverhead Books Ediciones El Andén |
Data de pub. | 22 de maio de 2007 febreiro de 2008 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 384 |
ISBN | ISBN 978-1-59448-950-1 ISBN 978-84-92475-47-6 |
Precedido por | O cazador de papaventos |
Seguido por | And the Mountains Echoed |
Tradución | María Pardo Vuelta |
[ editar datos en Wikidata ] |
Hosseini destacou nesta novela a súa intención de facer unha "historia de nai e filla" en contraste con O cazador de papaventos, que el considera unha "historia de pai e fillo".[2] Continúa algúns dos temas que empregou na súa obra anterior, como as relacións familiares, pero nesta ocasión céntrase nas personaxes femininas e o seu papel dentro da sociedade afgá.
Notas
editar- ↑ Biblioteca de Tradución galega (ed.). "Ficha do libro en Bitraga". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2018. Consultado o 11 de maio de 2018.
- ↑ Book Browse, ed. (2007). "An interview with Khaled Hosseini". Consultado o 2 de xullo de 2013.